Kuopio
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Finlandia | ||||
| Axencia Rexional | Regional State Administrative Agency for Eastern Finland (en) | ||||
| Rexión | Savonia do Norte | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 124.131 (2024) | ||||
| Lingua oficial | lingua finesa | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | Subrexión de Kuopio | ||||
| Superficie | 3.241,74 km² | ||||
| Altitude | 82 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1653 | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Jarmo Pirhonen (en) | ||||
| Órgano lexislativo | Kuopio City Council (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 70101–70840 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | Castrop-Rauxel Condado de Lääne-Viru Alūksne Bodø Svendborg (pt) Pitkyaranta (en) Pudong Craiova (pt) Shanghai Besançon Winnipeg Concello de Jönköping (1940–) Minneapolis (1972–) Gera (1972–) Győr (1978–) Opole (1980–) Pskov (1986–) | ||||
| Sitio web | kuopio.fi | ||||
Kuopio é unha cidade da rexión de Savonia do Norte (Finlandia). Ten 97.552 habitantes (2012),[1] sendo a cidade máis poboada da provincia de Finlandia Oriental.
Kuopio é coñecida por ser o berce dos pasteis de peixe finlandeses Kalakukko, polo dialecto Savo, polo outeiro de Puijo e pola torre de Puijo, que ofrece ao visitante unha vista magnífica da rexión. O outeiro de Puijo alberga tamén unha competición anual de salto de esquí.
Topónimo
[editar | editar a fonte]Hai diversas hipóteses sobre a orixe do nome Kuopio. A primeira remóntase ao século XVI, cando un persoeiro de grande influencia chamado Kauhanen en Tavinsalmi trocou o seu nome por Skopa e a pronunciación da xente era Coopia, derivando despois a Cuopio. A segunda explicación afirma que o nome provén do verbo finés kuopia, que quere dicir, por exemplo, cando un cabalo raña o chan cos pezuños. A terceira hipótese di que o nome viría dun nome de home propio de Carelia Prokopij, de Ruokolahti na Idade Media. Esta última explicación parece ser a máis probable, xa que está documentada polo Instituto de Investigación para as Linguas de Finlandia.
Historia
[editar | editar a fonte]Kuopio foi fundada en 1653 polo gobernador Peter Brahe, mais a data oficial de fundación recoñecida é o 17 de novembro de 1775, cando o rei Gustavo III de Suecia ordenou que fose establecida a cidade de Kuopio. O municipio de Karttula foi anexionado ao de Kuopio en 2011, do mesmo xeito que fixeran anteriormente os de Vehmersalmi (2005), Riistavesi (1973) e Kuopion maalaiskunta (1969).
Demografía
[editar | editar a fonte]Evolución da poboación :
Xeografía
[editar | editar a fonte]A cidade está rodeada polo lago Kallavesi e parte da cidade foi construída en illas, como o proxecto Saaristokaupunki (literalmente Cidade Arquipélago), a área residencial máis grande que se está a construír na actualidade en Finlandia.[2] O seu relevo é bastante marcado, estando o centro da cidade dominado polo outeiro de Puijo e a súa torre.
Dende a súa fusión con Vehmersalmi en 2005, limita cos concellos de: Siilinjärvi e Nilsiä ao norte, Juankoski e Tuusniemi ao leste, Leppävirta ao sur, Suonenjoki e Kartula ao oeste, e Maaninka ao noroeste.
Clima
[editar | editar a fonte]| Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Temperatura media máxima (°C) | -6,2 | -5,9 | -0,3 | 5,5 | 14 | 19,2 | 21,4 | 18,5 | 12,3 | 5,9 | -0,2 | -4,1 | |
| Temperatura media mínima (°C) | -13,2 | -13,4 | -8,3 | -2,8 | 3,8 | 10,4 | 13,1 | 11,3 | 6,4 | 1,5 | -4,5 | -10.3 | |
| Precipitacións (mm) | 41,2 | 31,1 | 34,2 | 31,9 | 38,8 | 65,4 | 76,9 | 80,2 | 58,6 | 52,8 | 51,1 | 45,6 | |
| Fonte: World Meteorological Organisation (UN) [3] | |||||||||||||
Lingua
[editar | editar a fonte]A meirande parte da poboación de Kuopio fala finés, habendo unha minoría de falantes de sueco (0,1%). Algunhas das primeiras escolas con estudos en finés foron creadas en Kuopio, como a escola para cegos (1871) e a escola de comercio (1887). A nivel dialectal, a cidade está situada en plena zona dos dialectos da Finlandia oriental, e máis concretamente os que son denominados Savo (de Savonia), os cales ocupan unha extensión moito máis grande do que é, de feito, a rexión histórica de Savonia.
Educación e cultura
[editar | editar a fonte]Kuopio é unha das cidades con maior tradición no campo da educación. A cidade é coñecida como o centro cultural de Finlandia Oriental, oferecendo diversos eventos importantes como o festival de danza de Kuopio e o festival de viño de Kuopio.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2012. Consultado o 05 de xuño de 2012.
- ↑ "Kuopion korkein asuinkerrostalo nousi harjakorkeuteen". Suomen Kiinteistölehti. 2008-10-16. p. 14. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2009. Consultado o 05 de xuño de 2012.
- ↑ "World Weather Information Service – Kuopio". United Nations.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kuopio |
