Francisco Javier Sánchez Cantón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sánchez Cantón»)
Francisco Javier Sánchez Cantón
Nome completoFrancisco Javier Sánchez Cantón
Nacemento14 de xullo de 1891
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento27 de novembro de 1971
Lugar de falecementoLourizán
SoterradoCemiterio de Santo Amaro de Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónhistoriador, profesor universitario, escritor e historiador da arte
PaiJavier Sánchez Cervela
IrmánsLuis Sánchez Cantón
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Gran Cruz de Afonso X o Sabio, Medalla ó Mérito no Traballo e Medalla de ouro ó mérito turístico
Na rede
Dialnet: 1870625
editar datos en Wikidata ]

Francisco Javier Sánchez Cantón, nado en Pontevedra o 14 de xullo de 1891 e finado en Ponte Muíños (Lourizán) o 27 de novembro de 1971, foi un historiador galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Instituto que leva o seu nome.

Fillo de Javier Sánchez Cervela. Doutorouse en filosofía e letras, e ocupou unha cátedra na Universidade de Granada. Despois deu clases de Historia Xeral da Arte na Universidade Central, da que foi vicerreitor desde 1958.

Sánchez Cantón foi un dos ideólogos do Museo de Pontevedra.

A participación de Sánchez Cantón foi fundamental para a creación do Museo de Pontevedra. E xa é no ano 1927 un dos patróns fundadores deste museo, xunto con Casto Sampedro Folgar, Castelao, Daniel de la Sota, Antón Losada Diéguez, José Millán, López de la Ballina, Xosé Filgueira Valverde e Raimundo Riestra Calderón. con algúns deles tamén formaba o Club Karepas.

Nicho no cemiterio de S. Amaro.

Foi nomeado subdirector (en 1922) e director (en 1960) do Museo do Prado, onde realizou un importante labor de reorganización de salas. Foi membro das academias Española (en 1949), Belas Artes e director da de Historia (en 1956). Presidiu a Xunta Iconografía Nacional e foi nomeado protector da Fundación Lázaro Galdiano, vicedirector do Instituto Diego Velázquez de Historia da Arte e director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.

Na súa bibliografía, de sentido crítico e coñecemento do tema, destacan Los Pintores de Cámara de Los Reyes Católicos (1916), Los Retratos del Museo del Prado (1919), Los Tapices de la Casa del Rey (1919), en colaboración con Tormo, Fuentes literarias para la Historia del Arte Español (5 volumes, 1923-1943), Dibujos de antiguos maestros españoles (1933), Los dibujos de Goya (2 volumes, 1952) e o libro póstumo Pontevedra y los Pontevedreses (Museo de Pontevedra, 1973). Leva o seu nome un instituto na súa cidade natal.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]