Luis Sánchez Cantón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuis Sánchez Cantón
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Pontevedra Editar o valor em Wikidata
Mortedécada de 1970 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJavier Sánchez Cervela Editar o valor em Wikidata
IrmánsFrancisco Javier Sánchez Cantón Editar o valor em Wikidata

Luis Sánchez Cantón, nado en Pontevedra e finado nos anos setenta, foi un militar galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Javier Sánchez Cervela. Ingresou na Academia de Artillaría de Segovia onde se graduou como alférez en 1919.[1] Foi destinado como tenente a Ferrol en 1921.[2] Participou na guerra de Marrocos. Destinado en Pontevedra, ascendeu a capitán en 1926.[3] Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi un dos militares sublevados, detivo no goberno civil de Pontevedra ao gobernador Gonzalo Acosta Pan e a Alexandre Bóveda. Foi un dos militares que xulgaron a Alexandre Bóveda.[4] Na guerra foi ascendido a comandante. Ascendeu a tenente coronel en 1943,[5] e foi destinado ao Rexemento de Artillaría número 28 de Santiago de Compostela. Ascendeu a coronel en 1953,[6] e foi comandante militar de Santiago de Compostela. Herdou do seu pai o pazo de Marza en Oleiros.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Cruz de San Hermenegildo en 1942.[7]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Poio con María del Pilar Lenard Quintana, filla de Jesús Lenard Larrea, en outubro de 1926,[8] e foi pai de María del Pilar e Luis Sánchez-Cantón Lenard. Pilar Lenard finou en Oleiros en setembro de 1965.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Diario de Pontevedra, 15-7-1919, p. 2.
  2. El Diario de Pontevedra, 30-7-1921, p. 3.
  3. El Progreso, 30-7-1926, p. 3.
  4. Pontevedra, catro días de xullo por Xosé Álvarez Castro
  5. El Pueblo Gallego, 21-2-1943, p. 6.
  6. La Noche, 25-11-1953, p. 2.
  7. El Pueblo Gallego, 14-1-1942, p. 3.
  8. El Progreso, 31-10-1926, p. 2.
  9. El Pueblo Gallego, 2-9-1965, p. 2.