Saltar ao contido

Raimundo Riestra Calderón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRaimundo Riestra Calderón

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1882 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de agosto de 1967 Editar o valor en Wikidata (84/85 anos)
Illa da Toxa, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosAntonio Riestra del Moral Editar o valor en Wikidata
PaiJosé Riestra López Editar o valor en Wikidata
IrmánsVicente Riestra Calderón Editar o valor en Wikidata

Raimundo Riestra Calderón, nado en Pontevedra en 1882 e finado na illa da Toxa o 10 de agosto de 1967, foi un avogado, banqueiro e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo primoxénito de José Riestra López, á súa morte en 1923 herdou o título de Marqués de Riestra. Foi xefe de Fomento da provincia de Pontevedra e director do xornal pontevedrés La Correspondencia Gallega.

Comezou a súa carreira política como deputado polo distrito da Estrada, substituíndo a Antonio Aguilar Correa en 1908. Preséntase de novo en 1910 e 1914 polo mesmo distrito, sendo proclamado polo artigo 29 da Lei electoral. En 1917 foi elixido deputado polo distrito de Redondela para cubrir a vacante do seu curmán Francisco de Federico Riestra, e novamente elixido polo mesmo distrito en 1918 e 1919. En 1918 foi nomeado Subsecretario da Presidencia do Consello de Ministros. Foi xerente do Balneario da Toxa tralo cesamento de Rafael Sanz-Diez nos anos corenta ata a súa morte.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en 1907 con María del Moral Sanjurjo, filla de Antonio del Moral López. É pai de Antonio Riestra del Moral.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]