Residencia oficial de Monte Pío
Aparencia
A residencia oficial de Monte Pío é o aloxamento do Presidente da Xunta de Galicia. Está situada nas Casas Novas (Vista Alegre, Santiago de Compostela).
Características
[editar | editar a fonte]Foi deseñada por Manuel Gallego Jorreto nuns terreos que foron cedidos polo Instituto Nacional de Meteoroloxía nunha faldra do barrio compostelán de Casas Novas. Canda o proxecto de residencia, habilitouse unha zona anexa como parque público. Foi estreada en 2002 por Manuel Fraga. Neste complexo viviron até o momento o propio Fraga, o socialista Emilio Pérez Touriño, Alberto Núñez Feijóo e mais Alfonso Rueda. Conta con 25.000 m² (o total, coa zona verde do parque é de 70.000 m²[1]) e dúas áreas definidas: a da vivenda e mais unha zona dedicada á actividade institucional.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El parque de Monte Pío implica la cesión a la Xunta de Galicia de un edificio del Hórreo Arquivado 08 de decembro de 2015 en Wayback Machine. en La Voz de Galicia o 19 de febreiro de 2001.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Info xeral en El Correo Gallego. Arquivado 02 de agosto de 2017 en Wayback Machine. (en castelán)