Riobó, A Estrada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Riobó
Igrexa de San Martiño de Riobó, A Estrada.jpg
Igrexa de San Martiño de Riobó.
ConcelloA Estrada
Poboación198 hab. (2017)
Entidades de poboación9

San Martiño de Riobó é unha parroquia do concello da Estrada, composta por 9 entidades de poboación. Segundo o IGE en 2009 tiña 226 persoas (118 homes e 108 mulleres), o que significa unha diminución con respecto a 1986, cando tiña 387 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 250 persoas.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Riobó esta situado a uns 10 quilómetros da Estrada, na zona do Ulla. Recibe o nome do río que a cruza, o río Boo.

Limita ó norte con Arnois e Oca; ó sur con Ancorados e Remesar; ó leste con Remesar e Oca; e ó oeste con Berres.

Entre as súas vías de comunicación conta coa estrada de Callobre a Ponte Ledesma, e varios camiños rurais, como a ponte de Riobó na Estrada e os pontillóns de Barcia, Portecelo, Lamas entre as Penas e Remesar, e Pardiñeira entre San Martín e Pena.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Ábsida da igrexa.
  • A igrexa de San Martiño de Riobó conserva practicamente íntegra a súa obra románica. A nave, con cuberta de madeira, sufriu unhas reformas no muro sur que deixaron a súa porta tapiada. Os arcos da portada occidental son lisos e ao igual que o tímpano carecen de ornamentación. De ábsida semicircular, conserva da fachada orixinaria románica a entrada composta por dous arcos semicirculares en aresta. O arco exterior apóiase nas xambas e o interior nun par de columnas de fuste monolítico acaroado. Baixo o tellado da sancristía consérvanse parte dos canzorros.[1]
    A cabeceira divídese en dous tramos, un recto con bóveda de canón e outro curvo con bóveda de cuarto de esfera. Os canzorros situados baixo o beirado do tellado son de temática vexetal, xeométrica e zoomórfica.[1]
Preto da igrexa de Riobó estivo a torre da Barreira, fortaleza medieval desde a que o arcebispo de Santiago exercía o control sobre a comarca de Tabeirós.[1]
  • O pazo da Mota é unha antiga casa señorial vencellada a importantes familias da comarca do Deza. Na fronte ten un elegante cruceiro. Ten solaina, ampla balconada, típica cociña de pazo, capela e escudo de armas á entrada. Na horta hai un bo hórreo.

Festas[editar | editar a fonte]

A festa patronal celébrase o 11 de novembro, e tamén se celebra San Blas o 3 de febreiro.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Riobó[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Riobó no concello da Estrada (Pontevedra)

O Alderido | Barcia | Os Besteiros | As Cancelas | A Castiñeira | A Mota | A Pena | Portecelo | O Río | San Martiño

Parroquias da Estrada[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Estrada

Agar (Santa Mariña) | Aguións (Santa María) | Arca (San Miguel) | Arnois (San Xiao) | Baloira (San Salvador) | Barbude (San Martiño) | Barcala (Santa Mariña) | Berres (San Vicenzo) | Callobre (San Martiño) | Cereixo (San Xurxo) | Codeseda (San Xurxo) | Cora (San Miguel) | Couso (Santa María) | Curantes (San Miguel) | A Estrada (San Paio) | Frades (Santa María) | Guimarei (San Xiao) | Lagartóns (Santo Estevo) | Lamas (San Breixo) | Liripio (San Xoán Bautista) | Loimil (Santa María) | Matalobos (Santa Baia) | Moreira (San Miguel) | Nigoi (Santa María) | Oca (Santo Estevo) | Olives (Santa María) | Orazo (San Pedro) | Ouzande (San Lourenzo) | Parada (San Pedro) | Paradela (Santa María) | Pardemarín (Santa Baia) | Remesar (San Cristovo) | Ribeira (Santa Mariña) | Ribela (Santa Mariña) | Riobó (San Martiño) | Rubín (Santa María) | Sabucedo (San Lourenzo) | San Miguel de Barcala (San Miguel) | San Miguel de Castro (San Miguel) | San Pedro de Ancorados (San Pedro) | San Tomé de Ancorados (San Tomé) | San Xiao de Vea (San Xiao) | San Xurxo de Vea (San Xurxo) | Santa Cristina de Vea (Santa Cristina) | Santeles (San Xoán) | Santo André de Vea (Santo André) | A Somoza (Santo André) | Souto (Santo André) | Tabeirós (Santiago) | Toedo (San Pedro) | Vinseiro (Santa Cristina)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]