Parque Nacional do Manovo-Gounda St. Floris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Parque Nacional do Manovo-Gounda St. Floris
[[Ficheiro:
Parque Nacional do Manovo-Gounda St. Floris en República Centroafricana
Parque Nacional do Manovo-Gounda St. Floris
Parque Nacional do Manovo-Gounda St. Floris
|300px]]
localización
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísRepública Centroafricana República Centroafricana
LocalizaciónCoordenadas: 9°0′N 21°30′L / 9.000, -21.500
TipoNatural
CriteriosIX, X
Inscrición1988 (12ª sesión)
Rexión da UNESCOÁfrica
Identificador475

O Parque Nacional do Manovo-Gounda St. Floris é un parque nacional declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO que se atopa na prefectura centroafricana de Bamingui-Bangoran, preto da fronteira co Chad. Foi inscrito na lista de Patrimonio da Humanidade no ano 1988[1] grazas á diversidade da vida salvaxe que acolle.

Localización[editar | editar a fonte]

Ocupa a meirande parte da zona oriental da prefectura de Bamingui-Bangoran, ao norte da República Centroafricana. O seu límite setentrional coincide coa fronteira co Chad nos ríos Aouk (Bahr) e Kameur, a oriental co río Vakaga, a occidental co río Manovo (a uns 40 km ao leste de Ndéle) e a meridional co macizo de Bongo.

Conservación[editar | editar a fonte]

Destacan especies como o rinoceronte negro, o elefante, o guepardo, o leopardo, a gacela de fronte vermella e o búfalo; así como unha ampla gama de aves acuáticas que se atopan nas chairas anegadas do norte. Porén, o parque está baixo ameaza por mor do case exterminio das súas especies de fauna raras. En 1997 pasou a ser incluído na lista do Patrimonio Mundial en Perigo despois de informes de pastoreo ilegal e de cazadores furtivos que puideron capturar até o 80% da fauna no parque.

Os disparos a catro membros do persoal do parque a comezos de 1997 e un estado xeral de deterioramento da seguridade fixo que todos os proxectos de desenvolvemento e de turismo ficasen parados. O goberno da República Centroafricana propón asignar a responsabilidade da xestión do parque a unha fundación privada. A preparación dun informe de conservación e un plan de rehabilitación foi recomendado polo Comité do Patrimonio da Humanidade na reunión de 1988, trala que se comezou a traballar en programas de mellora para reactivar a vida silvestre.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Manovo-Gounda St Floris National Park". Consultado o 11 de marzo de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]