Patrimonio da Humanidade na Guinea
O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] A Guinea, país litoral do oeste africano bañado polo golfo da Guinea e de gran variedade étnica e cultural debido á súa historia como ruta de comercio colonial, ratificou a convención o 18 de marzo de 1979, convertendo os seus lugares elixibles para a súa inclusión na lista.[2]
A Reserva Natural Integral do Monte Nimba foi o primeiro lugar da Guinea recoñecido como Patrimonio Mundial, inscrito na 5ª Sesión do Comité do Patrimonio Mundial, realizada en Sydney (Australia) en 1981.[3] Compartido con Costa do Marfil, o sitio foi posteriormente incluído na Lista do Patrimonio da Humanidade en Perigo dende 1992 por mor dos conflitos armados locais que ameazan a estabilidade e a conservación natural.
Lista de lugares Patrimonio da Humanidade[editar | editar a fonte]
- Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
- Rexión: da Guinea
- Período: período de tempo significativo, normalmente de construción
- Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[4]
* Lugar transnacional
Nº | Nome | Imaxe | Rexión | Período | Datos da UNESCO |
---|---|---|---|---|---|
01 | Reserva Natural Integral do Monte Nimba | ![]() |
Dix-Huit Montagnes (Costa do Marfil) / Nzérékoré (Guinea) | - | 155; 1981; ii, iv |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF).
- ↑ UNESCO (ed.). "Guinea".
- ↑ UNESCO (ed.). "5th session of the World Heritage Committee".
- ↑ "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Patrimonio da Humanidade na Guinea ![]() |