PO-211

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PO-211
Estrada descatalogada por cesión ao Concello de Silleda
Estación de Silleda, no Castro, onde remata a antiga PO-211
TipoloxíaAntiga estrada convencional C-50
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude3,51 km
Localización
InicioSilleda
FinO Castro (Silleda)

A PO-211 é unha antiga estrada secundaria que une a vila de Silleda coa estación de Silleda, situada na parroquia do Castro. Ten unha lonxitude de 3,51 quilómetros e a finais de outubro de 2021 foi cedido ao Concello de Silleda, toda a titularidade da antiga estrada PO-211.[1] Polo cal, a PO-211 descatalogouse, de forma oficial, da rede de estradas da Xunta de Galicia.

Historia[editar | editar a fonte]

A súa construción debeuse a ser a vía de comunicación da vila de Silleda co ferrocarril, xa que este non atravesaba a parroquia homónima.

Percorrido e características[editar | editar a fonte]

Esta estrada arranca no centro de Silleda, na N-525, e discorre polas rúas Progreso (antiga rúa José Antonio) e Estrada da Estación. Pasado o quilómetro 1, enlaza cun dos accesos o recinto feiral da Feira Internacional de Galicia. Xa na parroquia do Castro, cruza a AP-53 mediante un viaduto, tras o cal se bifurca: a propia PO-211 pasa a ser unha sinxela pista mentres que outra parte continua para unirse coa parroquia de Merza, en Vila de Cruces. Tras este desdobramento, continua a PO-211 cara a estación do ferrocarril pasando antes a carón da igrexa parroquial.

Notas[editar | editar a fonte]