Feira Internacional de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Feira Internacional de Galicia
Imaxe do recinto.
Tiporecinto feiral
Data de fundación1996
EnSilleda
PaísGalicia
42°42′26″N 8°14′38″O / 42.707305555556, -8.2438611111111
Na rede
http://www.feiragalicia.com/
editar datos en Wikidata ]

A Feira Internacional de Galicia (nas súas iniciais, FIG) é un recinto feiral situado entre as parroquias de Silleda e Ponte, no concello pontevedrés de Silleda. Nel celébranse unha serie de certames e eventos como a Semana Verde de Galicia.

Historia[editar | editar a fonte]

Dende o século XVIII, en Silleda viña celebrándose unha feira no lugar que ocupa actualmente a praza da Feira Vella. Os días 6 e 23 de cada mes acudían xentes dos arredores con gando vacún ou porcino e produtos da horta. O desenvolvemento da agricultura e da gandaría propiciou a creación da Central Agropecuaria de Galicia, encargada das transaccións de gando vacún. Así, arredor de 1976 cambiouse de localización a feira, trasladándose uns centos de metros ao norte, onde se construíron varias edificacións. Ademais, desde 1978, celebrábase a chamada Semana Verde de Galicia, unha feira multisectorial.

En 1996, o rei Xoán Carlos I foi o encargado de inaugurar as novas instalacións feirais, que se converteron nese momento no maior recinto feiral do noroeste da Península Ibérica. Dende entón, celébranse neste recinto certames de maquinaria, alimentación, automoción e exames de oposición.