Río da Gouxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Río da Gouxa
Riogouxaponte.JPG
Salto de auga na parroquia de Ponte
PaísGalicia Galicia
España España
NacementoSiador, Silleda
Lonxitude8.5 km aprox.
Caudal mediom³/s
DesembocaduraRío Deza

O río da Gouxa, tamén coñecido como río da Mera, é un afluente pola esquerda do río Deza que transcorre por varias parroquias do concello pontevedrés de Silleda, na comarca do Deza.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Nace nos montes da parroquia de Siador e no seu camiño cara ao Deza discorre (ademais de por Siador) polas parroquias de Silleda e Ponte, onde se atopa co Deza. No seu percorrido atópanse diversos muíños, como no lugar da Mera en Silleda ou no lugar de Rosende en Ponte.

De gran beleza son as fervenzas que atopamos ao pasar o lugar de Rosende, varias preto dos vellos muíños e outras río abaixo próximas á súa desembocadura no Deza[1]. Actualmente, contan cun dificultoso acceso a pé e agardan o seu debido acondicionamento. Ademais, no lugar da Mera acondicionouse un paseo fluvial en ambas beiras do río.

Pasado o lugar de Rosende e os muíños, atópase a chamada "central de Pereiro", a antiga central hidroeléctrica que satisfacía de corrente eléctrica ao núcleo de Silleda, construída arredor de 1920 por Perfecto Pereiro Castro. Máis tarde, esta fábrica de luz pasaría a mans dunha compañía eléctrica privada de Silleda.

Nomes[editar | editar a fonte]

Esta corrente de auga recibe diferentes nomes ao seu paso polas parroquias antes citadas. O topónimo "da Gouxa" débese a que atravesa o lugar da Gouxa na parroquia de Siador. En Silleda é coñecido como "río da Mera", por atravesar este lugar, e por último, en Ponte coñecese como "río de Rosende" ou "regueiro de Rosende", entre outros nomes. Existe outra denominación, "río Oisa", pero resulta errónea.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ruta elaborada por Adela Leiro[Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ríos que percorren o concello de Silleda

Río Cervañiña | Río Deza | Río de Escuadro | Río da Gouxa | Río Toxa | Río Ulla