Políglota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O emperador Carlos V, famoso políglota, retratado por Tiziano (ca. 1548).

O termo políglota[1] refíerese a unha persoa versada en varios idiomas, ou a un texto escrito noutros tantos, reservándose o termo bilingüe para aqueles que dominan dous, e trilingüe para aqueloutros que dominan tres idiomas.

Un dos políglotas máis coñecidos o emperador do Sacro Imperio Carlos V, falante nativo de neerlandés ou flamengo, que nunha ocasión afirmou que se dirixía ao seu cabalo en alemán, que conversaba coas mulleres en italiano e cos homes en francés, e que reservaba a español para as súas conversas con Deus.[2]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo políglota deriva do grego antigo πολύγλωττος, polýglōttos, que á súa vez deriva das voces πολύς, polýs, 'moito' e γλώσσα ou γλώττα, glṓssa ou glṓtta (variante ática de γλώσσα), 'lingua'. O termo úsase desde 1640 como substantivo, e desde 1650 como adxectivo.[3]

Teorías[editar | editar a fonte]

Existen numerosas teorías como explicación do poliglotismo. Por exemplo, tense recoñecido que alguén que estea interesado nos idiomas, cun intelecto suficientemente desenvolvido, e que optimiza a súa técnica de aprendizaxe coa experiencia, será cada vez máis eficiente en cada novo idioma aprendido; polo tanto, tal individuo será capaz de dominar novos idiomas con menos esforzo que unha persoa media. Ademais, os diferentes idiomas superpóñense nas áreas de gramática e vocabulario, e isto fai que sexa más fácil adquirir idiomas conectados, como as palabras do inglés e do francés.

Unha teoría suxire que un aumento brusco nos niveis de testosterona nun bebé mentres está no útero materno pode incrementar a asimetría do cerebro,[4] mentres que outros suxeriron que o traballo duro e o tipo correcto de motivación —que calquera adulto pode aplicar— son os factores clave do poliglotismo.[5] A neurocientífica Katrin Amunts estudou o cerebro do políglota alemán Emil Krebs e determinou que a área do cerebro de Krebs que era responsábel dos idiomas —a área de Broca— estaba organizada dunha maneira diferente en comparación cos cerebros dos monolingües.[Cómpre referencia]

Denominacións[editar | editar a fonte]

  • Monolingüe ou monóglota - 1 lingua falada
  • Bilingüe ou díglota - 2 linguas faladas
  • Trilingüe ou triglota - 3 linguas faladas
  • Cuadrilingüe, tetralingüe ou tetraglota - 4
  • Quinquelingüe, pentalingüe ou pentaglota - 5
  • Sextilingüe - 6
  • Septilingüe - 7
  • Octalingüe - 8
  • Nonalingüe - 9
  • Decalingüe - 10
  • Endecalingüe - 11
  • Dodecalingüe - 12

Políglotas famosos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. políglota no dicionario da RAG.
  2. polyglot no Merriam-Webster Dictionary.
  3. polyglot no Online Etymology Dictionary.
  4. Leland, John (9 de marzo de 2012). "Adventures of a Teenage Polyglot". New York Region (The New York Times). Consultado o 29 de marzo de 2017. 
  5. Benny Lewis: TEDx talk on Rapid Language Hacking (Vídeo en Youtube).
  6. Diario Clarín, Buenos Aires, edición despois da súa elección papal.
  7. La conquista del Perú. José del Busto Duthurburu, 1981.
  8. Enciclopedia Ilustrada del Perú. Alberto Tauro del Pino. Lima, 2001.
  9. Voices of the land, In Port Augusta, an Israeli linguist is helping the Barngarla people reclaim their language / Anna Goldsworthy, The Monthly, September 2014.
  10. Meet Ghil'ad Zuckermann, master of 11 languages, Pedestrian TV.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]