Xogo de taboleiro
Un xogo de taboleiro é un xogo de mesa que emprega un ou máis taboleiros como soporte como parte fundamental do seu sistema de xogo.[1]
Aínda que existen videoxogos que funcionan sobre un taboleiro virtual, o termo "xogo de taboleiro" aplícase habitualmente a xogos con taboleiros físicos.
Historia
[editar | editar a fonte]Os xogos de taboleiro teñen unha longa historia e xogáronse na maioría das culturas e sociedades dende Exipto e Mesopotamia.[2] Existe certo número de lugares históricos importantes, artefactos e documentos que ilustran sobre os primeiros xogos de taboleiro. Entre os máis importantes destes inclúense:
- O teito do templo de Kurna, en Exipto, datado aredor do século XV a.C., ten gravados sete xogos de taboleiro. Moitos deses taboleiros son os máis antigos coñecidos do seu tipo.
- A tumba real de Merknera contén un fresco coa primeira imaxe coñecida do antigo xogo exipcio do senet.
- As tumbas reais de Ur conteñen, entre outros, o xogo real de Ur. Escavounas Leonard Woolley, aínda que os seus escritos documentan pouco os xogos. Gran parte dos xogos que extraeu atópanse no Museo Británico de Londres. Un dos conservadores dese museo, Irving Finkel traduciu as regras a partir de táboas cuneiformes.
- Os xacementos de Başur Höyük, preto da cidade turca de Siirt, achegaron pezas de xogo de preto de 5000 anos de antigüidade.[3]
- A listaxe de xogos de Buda é a primeira listaxe coñecida de xogos.
- O manuscrito de Afonso X de Castela Libro de axedrez, dados e tablas, tamén coñecido simplemente como Libro dos xogos, é un texto encargado por dito rei que traduce ao castelán un gran número de documentos árabes sobre xogos. Moitos dos documentos árabes orixinais perdéronse, polo que este libro é a primeira codificación coñecida de moitos xogos clásicos.
A partir da década de 1980 os xogos de taboleiro perderon moita popularidade debido aos xogos electrónicos, mais dende 2010 volveron conquistar moitos adeptos. Un dos motivos foi a interacción entre os xogadores.[4] Chámanse xogos de 2.ª xeración[5] e adoitan ter como características[6] que as partidas son rápidas (máximo dunha hora), a interacción entre os xogadores é maior, os xogos son fáciles de aprendar, mais ao mesmo tempo teñen moitas posibilidades de decisión e os materiais son de excelente calidade.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Os taboleiros poden despregarse dende o comezo da partida, como no xadrez, o go, a oca, o Monopoly ou a maior parte dos xogos de guerra e miniaturas, ou ben ir construíndose como parte do seu desenvolvemento, ao modo de Carcassone, Tantrix ou Doom.
Educación
[editar | editar a fonte]O uso de xogos de taboleiro na educación é moi común.[7]
No sitio web Xogos de taboleiro do mundo existen indicacións para o uso educativo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Diccionario de términos relacionados con los juegos de mesa y cartas". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2010. Consultado o 19 de maio de 2013.
- ↑ Board Game Info
- ↑ Lorenci, Miguel (21 de agosto de 2013). "El primer pasatiempo". Consultado o 22 de agosto de 2013.
- ↑ jolrn.com.br/ Nova geração dos jogos de tabuleiro surge e atrai consumidores
- ↑ ludomania.com.br/ Arquivado 24 de setembro de 2020 en Wayback Machine. Para começar a jogar os "jogos de segunda geração"
- ↑ ludomania.com.br/ Arquivado 24 de setembro de 2020 en Wayback Machine. Jogos de "segunda geração" - Uma nova onda de jogos de grande qualidade
- ↑ Board game maker for educator
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xogo de taboleiro |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- ALLUÉ, JOSEPH M.(1999); O Grande Livro dos Jogos. Editora Leitura, Belo Horizonte, 1999. ISBN 85-7358-148-4
- BELL, R. C.(1983); The Boardgame Book. Exeter Books, Nova York, 1983. ISBN 0-671-06030-9
- DUNNIGAN, JAMES F.(1992); The Complete Wargames Handbook - How to Play, Design & Find Them. Quill, Nova York, 1992. ISBN 0-688-10368-5
- EDITORA ABRIL; Os Melhores Jogos do Mundo. Editora Abril, São Paulo, 1978
- FREEMAN, JOHN; CONSUMER GUIDE, EDITORS OF. (1980); The Complete Book of Wargames. Fireside, Simon and Schuster, Nova York, 1980. ISBN 0-671-25374-3
- MOHR, MERILYN SIMONDS.(1997); The New Games Treasury. Houghton Mifflin Company, Boston, 1997. ISBN 1-57630-058-7
- SACKSON, SID; KLUTZ, EDITORS OF (1991); The Book of Classic Board Games. Klutz, Palo Alto, 1991. ISBN 0-932592-94-5