Universidade de Tampere

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade de Tampere
Tampereen yliopisto (en finés)'
Datos xerais
LocalizaciónTampere
Fundación1 de xaneiro de 2019
Datos actuais
ReitorMari Walls
Alumnos20 600 (2017, sen contar o alumnado da Universidade de Ciencias Aplicadas de Tampere)
Datos de contacto
Páxina webtuni.fi
Facebook: TampereUniversity Twitter: TampereUni Instagram: tampereuni Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade de Tampere (abreviado TAU ou TUNI) é unha institución universitaria con sede en Tampere, Finlandia. Foi fundada en 2019, cando a Universidade de Tampere e a Universidade Tecnolóxica de Tampere se fusionaron. É a segunda universidade máis grande do país con máis de 20 000 estudantes. A Universidade de Tampere é ademais o maior accionista da Universidade de Ciencias Aplicadas de Tampere, aglutinado a máis de 30 000 estudantes entre ambas, o que a sitúa como a segunda comunidade universitaria máis grande de Finlandia.[1][2][3][4]

Facultades[editar | editar a fonte]

A Universidade de Tampere conta con 7 facultades:[5]

  • Facultade de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ITC)
  • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (MAB)
  • Facultade de Educación e Cultura (EDU)
  • Facultade de Medicina e Tecnoloxía da Saúde (MET)
  • Facultade de Contorno Construído (BEN)
  • Facultade de Tecnoloxía e Ciencias Naturais (ENS)
  • Facultade de Ciencias Sociais (SOC)

Outras unidades[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nieminen, Elina (19 de abril de 2018). "Tampereen uusi yliopisto luottaa uudessa ilmeessään ihmiseen ja violettiin väriin". Yle.fi (en finés). Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  2. "Together we are greater | Tampere universities" (en inglés). Universidade de Tampere. 13 de decembro de 2018. Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  3. Mansikka, Heli (23 de abril de 2018). "Uusi Tampereen yliopisto saa rehtorin Luonnonvarakeskuksesta – professori Mari Wallsin valinta oli yksimielinen". Yle.fi (en finés). Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  4. "Organisaatio – TAMK" (en finés). tamk.fi. Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2019. Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  5. "Tampereen uuden yliopiston tiedekuntajako jättää johtamisen tutkinto-ohjelmat erilleen". Aamulehti (en finés). 8 de xuño de 2018. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2018. Consultado o 25 de marzo de 2021.