Campionato do Mundo de Rally Júnior

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campionato do Mundo de Rally Júnior
CategoríaJúnior
OrganizadorFIA
Tempada inicial2001
ÁmbitoMundial
Gañadores
Piloto campiónEspaña Jan Solans
Sitio webwww.wrc.com
Sébastien Loeb e Daniel Elena no Rally de Finlandia de 2001.
Per-Gunnar Andersson e Suzuki celebrando a vitoria na clase JWRC no Rally de Finlandia no 2004.

O Campionato do Mundo de Rally Júnior (tamén coñecido como WRC Júnior ou JWRC) é unha competición complementaria ao Campionato do Mundo de Rally (WRC) e está dirixido especificamente a ofrecer aos condutores novos a oportunidade de obter experiencia e publicidade a un custo accesible. A categoría foi un paso fundamental na carreira de moitos pilotos que logo triunfaron no WRC como Sébastien Loeb, Dani Sordo, Sébastien Ogier, Jari-Matti Latvala ou Thierry Neuville.

Historia[editar | editar a fonte]

O campionato celebrouse por primeira vez en 2001 como Campionato de Pilotos Super 1600 e incluía seis probas en Europa. Sébastien Loeb converteuse no primeiro campión da competición, conducindo un Citroën Saxo Super 1600. O certame converteuse no Campionato do Mundo de Rally Júnior ao ano seguinte.

En 2007, o campionato non incluíu rallys fóra de Europa, e foi coñecido esa tempada como Campionato de Rally Júnior (JRC). En 2011, a FIA substituíu o WRC Júnior polo WRC Academy, un campionato de especificación único con vehículos Ford Fiesta R2. En 2013 pasou a chamarse Campionato do Mundo de Rally Júnior da FIA.[1]

En 2014, a grella do JWRC foi substituída polos Citroën DS3 R3T, mentres que M-Sport reutilizou as antigas unidades Ford Fiesta R2 para o Drive DMACK Fiesta Trophy. En 2017, o JWRC volveu usar o Ford Fiesta R2. Na tempada 2018 o número de rallys reduciuse a 5, dándose no último deles o dobre de puntos.

Regras[editar | editar a fonte]

O WRC Júnior está aberto a pilotos menores de 30 anos que non competiran como pilotos de Prioridade 1 (P1) en ningunha proba do Campionato Mundial de Rallys da FIA. Dende 2018 os competidores circulan en Ford Fiesta R2T idénticos usando pneumáticos Pirelli.

O sistema de puntuación é o mesmo que nos campionatos WRC, WRC-2 e WRC-3, cos puntos asignados aos dez primeiros clasificados do seguinte xeito:

Posición       10º 
Puntos 25 18 15 12 10 8 6 4 2 1

Non obstante, a diferenza doutras categorías, os competidores do WRC Júnior obteñen puntos de bonificación no campionato polas vitorias nos treitos durante a tempada.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionato de Pilotos[editar | editar a fonte]

Ano Nome Campión Vehículo Subcampión Vehículo Terceiro posto Vehículo
2019 Campionato do Mundo de Rally Júnior España Jan Solans Ford Fiesta R2 Suecia Tom Kristensson Ford Fiesta R2 Suecia Dennis Rådström Ford Fiesta R2
2018 Suecia Emil Bergkvist Ford Fiesta R2 Suecia Dennis Rådström Ford Fiesta R2 Francia Jean-Baptiste Franceschi Ford Fiesta R2
2017 España Nil Solans Ford Fiesta R2 Francia Nicolas Ciamin Ford Fiesta R2 Francia Terry Folb Ford Fiesta R2
2016 Romanía Simone Tempestini Citroën DS3 R3T Eslovaquia Martin Koči Citroën DS3 R3T Francia Vincent Dubert Citroën DS3 R3T
2015 Francia Quentin Gilbert Citroën DS3 R3T Noruega Ole Christian Veiby Citroën DS3 R3T Francia Terry Folb Citroën DS3 R3T
2014 Francia Stéphane Lefebvre Citroën DS3 R3T Reino Unido Alastair Fisher Citroën DS3 R3T Eslovaquia Martin Koči Citroën DS3 R3T
2013 Suecia Pontus Tidemand Ford Fiesta R2 España Yeray Lemes Ford Fiesta R2 Estonia Sander Pärn Ford Fiesta R2
2012 WRC Academy Reino Unido Elfyn Evans Ford Fiesta R2 España José Antonio Suárez Ford Fiesta R2 Suecia Pontus Tidemand Ford Fiesta R2
2011 Irlanda Craig Breen Ford Fiesta R2 Estonia Egon Kaur Ford Fiesta R2 Reino Unido Alastair Fisher Ford Fiesta R2
2010 Campionato do Mundo de Rally Júnior Alemaña Aaron Burkart Suzuki Swift S1600 Países Baixos Hans Weijs, Jr. Citroën C2 S1600 Bulgaria Todor Slavov Renault Clio R3
2009 República Checa Martin Prokop Citroën C2 S1600 Polonia Michał Kościuszko Suzuki Swift S1600 Alemaña Aaron Burkart Suzuki Swift S1600
2008 Francia Sébastien Ogier Citroën C2 S1600 Alemaña Aaron Burkart Citroën C2 S1600 República Checa Martin Prokop Citroën C2 S1600
2007 Campionato de Rally Júnior da FIA Suecia Per-Gunnar Andersson Suzuki Swift S1600 Estonia Urmo Aava Suzuki Swift S1600 República Checa Martin Prokop Citroën C2 S1600
2006 Campionato do Mundo de Rally Júnior Suecia Patrik Sandell Renault Clio S1600 Estonia Urmo Aava Suzuki Swift S1600 Suecia Per-Gunnar Andersson Suzuki Swift S1600
2005 España Dani Sordo Citroën C2 S1600 Reino Unido Kris Meeke Citroën C2 S1600 Reino Unido Guy Wilks Suzuki Ignis S1600
2004 Suecia Per-Gunnar Andersson Suzuki Ignis S1600 Francia Nicolas Bernardi Renault Clio S1600 Reino Unido Guy Wilks Suzuki Ignis S1600
2003 Francia Brice Tirabassi Renault Clio S1600 España Salvador Cañellas Jr. Suzuki Ignis S1600 Suecia Daniel Carlsson Suzuki Ignis S1600
2002 España Daniel Solà Citroën Saxo VTS S1600 Italia Andrea Dallavilla Citroën Saxo VTS S1600 Finlandia Janne Tuohino Citroën Saxo VTS S1600
2001 Copa de Pilotos Super 1600 da FIA Francia Sébastien Loeb Citroën Saxo VTS S1600 Italia Andrea Dallavilla Fiat Punto S1600 Reino Unido Niall McShea Ford Puma S1600
Citroën Saxo VTS S1600

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Por nacionalidade do piloto

Países Ouro Ouro Prata Prata Bronce Bronce Total
Francia 5 2 4 11
Suecia Suecia 5 2 4 11
España España 4 3 0 7
Reino Unido Reino Unido 1 2 4 7
Alemaña Alemaña 1 1 1 3
República Checa República Checa 1 0 2 3
Irlanda Irlanda 1 0 0 1
Romanía Romanía 1 0 0 1
Estonia Estonia 0 3 1 4
Italia Italia 0 2 0 2
Eslovaquia Eslovaquia 1 1 2
Países Baixos Países Baixos 1 1
Noruega Noruega 1 1
Polonia Polonia 1 1
Bulgaria Bulgaria 1 1
Finlandia Finlandia 1 1

Por constructor

Países Ouro Ouro Prata Prata Bronce Bronce Total
Francia Citroën 8 7 7 22
Ford 6 6 7 19
Suzuki 3 4 5 12
Francia Renault 2 1 1 4
Italia Fiat 0 1 0 1

Rallys gañados[editar | editar a fonte]

Actualizado despois da tempada 2019.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Exciting changes for 2013 WRC" (en inglés). 5 de outubro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2018. Consultado o 21 de setembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]