Jan Solans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJan Solans

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de decembro de 1997 Editar o valor em Wikidata (26 anos)
Matadepera, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de rally Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
DeporteRally Editar o valor em Wikidata
CopilotoMauro Barreiro Zas Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsNil Solans (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webjansolans.com Editar o valor em Wikidata

Jan Solans Baldó, nado en Matadepera, provincia de Barcelona, o 25 de decembro de 1997, é un piloto español de rallys que compite no Campionato do Mundo de Rally 3.

En 2019 foi campión do mundo júnior, no ano do seu debut en dita competición, despois de acadar unha vitoria e dous podios xunto ao seu copiloto habitual, o galego Mauro Barreiro.[1] Anteriormente fora campión de España do grupo N en 2016, campión de dúas rodas motrices e do grupo R2 no Campionato de España de Terra en 2018 e gañador do Iberian Rally Trophy en 2016.[2]

De xeito esporádico tamén participou nalgunha proba como copiloto e ten un irmán máis vello, Nil Solans, tamén piloto de rallys.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Seu pai, Pere Solans, tamén foi piloto, así como o seu irmán Nil, cinco anos maior que el, que debutou en Cataluña aos 20 anos, o que motivou a Jan a seguilo, converténdose pronto en afeccionado aos rallys, aos que acudía cunha cámara de vídeo no ombreiro. Deste xeito interesouse polo mundo do automóbil e aínda que xa probara no mundo do karting de pequeno de maneira puntual, non foi ata os 15 ou 16 anos cando o seu irmán probou un carcross, o que motivou a Jan a probalo tamén, a pesar da negativa inicial de seu pai. Acabou proclamándose campión de España de Car Cross Júnior no 2014.[2]

En 2015 debutou como copiloto do galego Mauro Barreiro, a bordo dun Citroën Saxo VTS no Rally Concello de Curtis. Participou ese ano en dúas probas máis, o Rally 2000 Viraxes e o Rally Empordà e fixo o seu debut finalmente como piloto en febreiro de 2016, no Rally Terras Altas de Lorca, do nacional de terra. Correu cun Peugeot 208 R2 e con Barreiro como copiloto, finalizando na vixésimo primeira posición. Participou no nacional de asfalto en sete probas co apoio de Mitsubishi aos mandos dun Mitsubishi Lancer Evo X. O seu mellor resultado foi un duodécimo posto no Rally Villa de Llanes. Ao ano seguinte alternou probas locais de Cataluña cun Peugeot 208 R2 con participacións de novo no nacional onde logrou unha vitoria na Beca Júnior R2, programa organizado pola Federación Española para pilotos novos, rematando en terceiro lugar na clasificación final. Debutou no Campionato do Mundo en outubro no Rally Cataluña cun Ford Festa R2T co que terminou na posición 41º. En 2018 continuou a súa participación co Peugeot 208 R2 e acudiu ao Rally de Portugal onde abandonou tras unha avaría mecánica. Logrou vencer na Beca Júnior R2 con seis vitorias mentres que no campionato nacional de terra proclamouse vencedor nas categorías R2 e dúas rodas motrices e subcampión na categoría júnior.

Solans durante o Rally Terra da Auga de 2019.

Campión do mundo júnior[editar | editar a fonte]

En 2019 e xunto a Mauro Barreiro, deu o salto ao Campionato do Mundo Júnior cun Ford Fiesta R2T do Rallye Team España e recibiu unha bolsa da Federación Española ao gañar a Beca Junior R2 o ano anterior. Na primeira carreira conseguiu o seu primeiro podio ao rematar terceiro no Rally de Suecia e máis tarde en Córsega conseguiu ser cuarto.[3] Acudiu a continuación ao Rally Terra da Auga a modo de test para preparar a súa participación no Rally de Sardeña, rematando décimo quinto. En Sardeña comezou liderando, pero no terceiro treito caeu ao sétimo lugar, conseguindo logo remontar despois de marcar doce scratchs, e lograr a vitoria, o que ademais lle serviu para colocarse líder do campionato e loitar polo título no seu primeiro ano de participación.[4] En Finlandia na súa primeira participación logrou a segunda posición por detrás do sueco Tom Kristensson, o seu principal rival na loita polo título, que se colocou cun punto de vantaxe sobre o catalán.[5] Na última cita, Gran Bretaña, logrou a vitoria na categoría e con ela o título de campión do mundo,[6] converténdose así no cuarto español en gañar este trofeo, dous anos despois de que o gañase o seu irmán Nil Solans.

Campionato do Mundo de Rally 3[editar | editar a fonte]

En 2020 anunciouse que correría varias probas do Campionato do Mundo de Rally 3.[7]

Resultados[editar | editar a fonte]

WRC[editar | editar a fonte]

Ano Equipo Coche 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 Pos. puntos
2017 Escudería Motor Terrassa Ford Fiesta R2T MON SWE MEX FRA ARG POR ITA POL FIN GER ESP
41
GBR AUS - 0
2018 Escudería Motor Terrassa Peugeot 208 R2 MON SWE MEX FRA ARG POR
Ret
ITA FIN GER TUR GBR ESP
26
AUS - 0
2019 Rallye Team España Ford Fiesta R2T MON SWE
32
MEX FRA
27
ARG CHI POR ITA
21
FIN
18
GER TUR GBR
21
- 0
Nil Solans Ford Fiesta R5 MK2 ESP
22
AUS
C
2020 Ford Fiesta R5 MK2 MON SWE MEX EST
26
TUR
14
ITA BEL - 0

WRC3[editar | editar a fonte]

Ano Equipo Coche 1 2 3 4 5 6 7 Pos. puntos
2020 Ford Fiesta R5 MK2 MON SWE MEX EST
12
TUR
6
ITA BEL 23º 8

JWRC[editar | editar a fonte]

Ano Equipo Vehículo 1 2 3 4 5 Pos. Puntos
2019 Rallye Team España Ford Fiesta R2T SWE
3
FRA
4
ITA
1
FIN
2
GBR
1
151

Campionato de España de Rallys[editar | editar a fonte]

Ano Equipo Automóbil 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos
2016 Mitsubishi Repsol Mitsubishi Lancer Evo X CNR ADE SMO
15
FER
Ret
CAN
Ret
OUR PDA
17
LLA
12
MED
14
MAD
Ret
26º 28
2017 Escudería Motor Terrassa Peugeot 208 R2 SMO ECI ADE OUR FER PDA LLA
10
CAN MED
Ret
MAD 47º 13
2018 Escudería Motor Terrassa Peugeot 208 R2 COC SMO ECI
11
ADE OUR
7
FER PDA
9
LLA CAN MED MAD 17º 45

Campionato de España de Rallys de Terra[editar | editar a fonte]

Ano Equipo Coche 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. puntos
2016 Escudería Motor Terrassa Peugeot 208 R2 LOR
20
NAV GAL BIE CER EXT CTG POZ
Ret
59º 1
2017 Escudería Motor Terrassa Peugeot 208 R2 LOR NAV GAL
12
CER
14
EXT
7
POZ CTG 18º 35
2018 Escudería Motor Terrassa Peugeot 208 R2 LOR
11
POZ
5
VOL TDA CER NAV
7
GRA
8
MAD
12
10º 81
2019 Arteixo Motorsport Ford Fiesta R2T LOR POZ NAV TDA
15
AST VOL GRA 48º 7

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jan Solans". ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 5 de julio de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Palmarés". www.jansolans.com (en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2020. [Ligazón morta]
  3. "Jan Solans sube al podio en su primer Suecia" (en castelán). 17 de febreiro de 2019. Consultado o 21 de setembro de 2020. 
  4. "Jan Solans, a por el Mundial Júnior: "El título es posible"" (en castelán). 5 de xullo de 2019. Consultado o 21 de setembro de 2020. 
  5. "Jan Solans sube al podio en su primer Rally de Finlandia" (en castelán). 4 de agosto de 2019. Consultado o 21 de setembro de 2020. 
  6. "Tanak gana el Rally de Gales y Jan Solans se proclama campeón júnior" (en castelán). 6 de outubro de 2019. Consultado o 21 de setembro de 2020. 
  7. "Jan Solans correrá los rallyes de Estonia, Turquía, Alemania y Cerdeña". 12 de agosto de 2020. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2021. Consultado o 21 de agosto de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]