Súper Campionato de España de Rallys

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Súper Campionato de España de Rallys
Fundación2019
RexiónEspaña España
Actual campiónEspaña José Antonio Suárez
Máis laureadoEspaña Pepe López (2)
OrganizadorReal Federación Española de Automobilismo
Sitio webrfef.es
Tempada 2022

O Súper Campionato de España de Rallys (S-CER), tamén coñecido como Campionato de España Mixto de Rallys, é un campionato de rally de ámbito nacional que se disputa en España desde 2019 e de carácter mixto, é dicir, combinando probas sobre asfalto (puntuables para a CERA) e probas sobre terra (puntuables para o CERT).[1] Naceu por iniciativa da RFEDA para potenciar aos pilotos co fin de que dominen ambas as superficies, tradicionalmente en España máis especialistas sobre o asfalto, especialmente de cara ao salto a competicións internacionais como o WRC.[2][3][4][5]

O calendario da primeira edición constou de oito probas, catro sobre cada superficie, mentres que a normativa é independente: cada proba réxese polo regulamento do certame correspondente. Dispútanse os campionatos de pilotos, copilotos, marcas e o trofeo para vehículos de dúas rodas motrices para pilotos, copilotos e júnior. Obteñen puntos o quince primeiros clasificados de cada rally e para a clasificación final téñense en conta os tres mellores resultados obtidos en rallys sobre asfalto e os tres mellores sobre terra.[6]

Pepe López (campión de 2019), no Rally Terra da Auga.

O madrileño Pepe López, a bordo dun Citroën C3 R5 foi o gañador das dúas primeiras edicións.[7]

Historia[editar | editar a fonte]

O calendario da primeira edición incluíu oito probas, catro delas de terra (Terras Altas de Lorca, Terra da Auga, Astorga e Granada) e catro de asfalto (Canarias, Ourense, Asturias e Madrid). Pepe López foi o campión final a pesar de ter unha vitoria menos que Xevi Pons, que foi segundo (3 de López, 4 de Pons).[8]

A tempada 2020 viuse alterada pola expansión da pandemia por coronavirus, que obrigou á suspensión da maioría dos oito rallys do calendario inicial, tendo que incluírse outras probas para facer un total de seis rallys no calendario final.[9]

Probas[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Ano Piloto Copiloto Coche
2019 España Pepe López España Borja Rozada Citroën C3 R5
2020 España Pepe López España Borja Rozada Citroën C3 R5
2021 España José Antonio Suárez España Alberto Iglesias Škoda Fabia R5

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rodríguez, Nacho. "Beca R2 Junior como embrión de un supercampeonato de España de rallyes". revistascratch.com. Consultado o 7 de novembro de 2020. 
  2. Muñoz, Kevin (16 de decembro de 2018). "Nace el Supercampeonato de España de Rallyes". autohebdosport.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2020. Consultado o 7 de novembro de 2020. 
  3. Peñas, Sergio (14 de decembro de 2018). "Se revela un Súper Campeonato de España de Rallyes en 2019". latulasport.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2018. Consultado o 7 de novembro de 2020. 
  4. Flórez, Iván (14 de decembro de 2018). "Los Campeonatos de España de Rallyes ya tienen calendario para 2019". pitlanef1.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2018. Consultado o 7 de novembro de 2020. 
  5. Fernández, Iván (16 de decembro de 2018). "Veteranos con ganas de retos y jóvenes con proyección Internacional. El Supercampeonato de España de Rallyes se presenta". diariomotor.com (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2020. 
  6. "REGLAMENTO CAMPEONATO DE ESPAÑA DE RALLYES 2019" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2020. 
  7. "Victoria para Iván Ares en Madrid; Pepe López Super Campeón" (en castelán). 23 de novembro de 2019. Consultado o 7 de novembro de 2020. 
  8. "Clasificacións 2019" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2020. 
  9. "OFICIAL: Así quedan los Campeonatos de España de Rallyes 2020" (en castelán). 15 de xuño de 2020. Consultado o 7 de novembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]