Malí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Mali")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 17°N 4°O / 17, -4

República de Malí
République du Mali
Bandeira de Malí
Escudo de Malí
BandeiraEscudo
Location Mali AU Africa.svg
Lema: Un peuple, un but, une foi
(Francés: Un pobo, unha meta, unha fe)
Capital
 Poboación
Bamaco
2 446 700 (2018)
Lingua oficialFrancés
Forma de gobernoRepública presidencial
Ibrahim Boubacar Keïta
Boubou Cissé[1]
Independencia de Francia22 de setembro de 1960
SuperficiePosto 24º
 • Total1 240 000 km²
 • % auga1,6
Fronteiras7 243 km
Costas0 km
PoboaciónPosto 67º
 • Total19 329 841 (2018)[2] hab.
 • Densidade11,7 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2018)17 407 millóns de dólares[3]
 • per cápita891 dólares[3]
 • Total (2018)44 329 millóns de US$[3]
 • per cápita2,271 US$[3]
MoedaFranco CFA (CFA)
IDH (2018)0,427[4] (184º) – Baixo
Xentiliciomaliano, -a[5]
Fuso horarioUTC
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.ml
Prefixo telefónico+223
Prefixo radiofónicoTZA-TZZ
Código ISO466 / MLI / ML
Membro de: ONU, UA

Malí,[6] oficialmente República de Malí, en francés: République du Mali; en bambara: Mali ka Fasojamana; en alfabeto n'ko: ߡߊߟߌ ߞߊ ߝߊߛߏߖߊߡߊߣߊ) é un país africano. É un estado sen costa, o oitavo máis extenso de África, cunha área de 1 240 000 km2. A poboación de Malí era de 19,3 millóns de persoas no ano 2018, e no 2017 estimouse que o 67% da poboación tiña menos de 25 anos.[7] A súa capital e principal cidade é Bamaco. Limita ao noroeste con Mauritania, ao norte con Alxeria, ao leste con Níxer, ao sur con Burkina Faso, Costa do Marfil e Guinea, e ao oeste co Senegal. Constituída por oito rexións, Malí ten as súas fronteiras do norte no medio do Sahara, mentres que a zona meridional, onde vive a maior parte da poboación, está na beira dos ríos Níxer e Senegal. A estrutura económica do país céntrase na agricultura e a pesca. Algúns dos recursos naturais máis importantes de Malí son o ouro, sendo o terceiro maior produtor do continente africano,[8] e o sal.[9] A metade da poboación vive baixo o limiar de pobreza internacional, establecido en 1,25 dólares por día.[10]

O actual territorio maliano foi sede dos tres imperios de África occidental que controlaron o comercio transahariano: o Imperio de Ghana, o Imperio de Malí e o Imperio Songai. Durante a súa época dourada, salientaron nas matemáticas, na astronomía, na literatura e na arte.[11][12] Durante o seu máximo apoxeo en 1300, o Imperio de Malí abranguía unha área que duplicaba o tamaño da actual Francia e chegaba até a costa oeste de África.[13] A finais do século XIX, Malí caeu baixo dominio de Francia, pasando a formar parte do Sudán francés. En 1959 conseguiu a súa independencia canda o Senegal, converténdose así na Federación de Malí, a cal remataría un ano despois. Tras un tempo no que existía un único partido político, un golpe de Estado en 1991 comportou a creación dunha nova constitución e o estabelecemento de Malí como unha nación democrática cun sistema pluripartidista.

En xaneiro de 2012, un conflito armado estourou no norte de Malí, no cal rebeldes tuaregs tomaron o control do territorio do norte, e en abril declararon a secesión dun novo estado, Azawad.[14] O conflito agravouse por mor dun golpe militar que se produciu en marzo[15] e pola posterior loita entre os tuaregs e outras faccións rebeldes. En resposta á perda de control no territorio, o exército francés lanzou a operación Serval en xaneiro de 2013.[16] Un mes despois, as forzas malianas e francesas recuperaron o control da maioría do territorio norte. As eleccións presidenciais celebráronse o 28 de xullo de 2013, cunha segunda rolda celebrada o 11 de agosto, e as eleccións lexislativas celebráronse o 24 de novembro e o 15 de decembro de 2013.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome Malí provén do Imperio de Malí. O nome quere dicir "o lugar onde viven os reis"[17] e ten connotacións de fortaleza.[18] O escritor guineano Djibril Niane suxire en Sundiata: An Epic of Old Mali (1965) que é posible que Malí fose o nome dado a unha das capitais dos emperadores. O viaxante marroquí do século XIV Ibn Battuta reportou que a capital do Imperio de Malí era chamada Malí.[19] Unha tradición mandinga conta que o primeiro emperador lendario Sundiata Keita transformouse nun hipopótamo logo da súa morte no río Sankarani e que é posible atopar vilas nesa área do río, chamada "vello Malí", que teñen Malí por nome. Un estudo dos proverbios malianos sinala que no vello Malí hai unha vila chamada Malikoma, que quere dicir "Novo Malí", e que polo tanto Malí podería ter sido o nome dunha cidade.[20]

Outra teoría suxire que Malí é unha pronunciación fula do nome dos mandé.[21][22] Suxeriuse que un cambio de son produciu o nome, xa que en fula o segmento alveolar /nd/ cambia a /l/ e a vogal final desnasaliza e produce que mande pase a /mali/.[20]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Malí.

A cidade de Timbouctou foi considerada Patrimonio Mundial.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Rexións e distrito capital de Malí.
Artigo principal: Subdivisións de Malí.

As principais subdivisións do Malí son denominadas rexións (todas as rexións levan o nome da súa cidade principal):

Tamén se distingue un distrito capital de Bamaco.

Historia[editar | editar a fonte]

Cunha antiga historia de ricos reinos africanos, entre os cales o famoso Imperio de Ghana, o Malí foi ocupado polos franceses a fins do século XIX, tendose tornado parte do “Sudán Francés” no 1890, cun gobernador estacionado en Kayes. En 1958, o territorio tornouse autónomo, mais facendo aínda parte da “Comunidade Francesa” e accedeu á independencia o 22 de setembro de 1960.

Política[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Política de Malí.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Malí.

A economía de Malí confina a súa actividade basicamente á área irrigada polo río Níxer e o país en si está entre os máis pobres países do mundo, co 65% da súa área cuberta por deserto ou semideserto. Preto do 10% da poboación é nómade e preto de 80% da man de obra dedícase á agricultura e á pesca. A actividade industrial está concentrada no procesamento de produtos agropecuarios. Malí é moi dependente da axuda externa e a súa economía é vulnerable ás flutuacións dos prezos do algodón nos mercados mundiais, a súa exportación principal. En 1997, o goberno perseguiu a posta en funcionamento dun programa de axustes estruturais da economía, recomendado polo FMI, que ten axudado a economía a medrar, diversificarse e atraer investimento estranxeiro. A adhesión do Malí ás reformas económicas e unha desvalorización do 50% do franco africano en xaneiro de 1994 fixeron aumentar o crecemento económico. Varias empresas multinacionais aumentaron as operacións de mineración de ouro no período entre 1996 e 1998 e o goberno preve que Malí se torne nun dos principais exportadores de ouro subsaharianos nos próximos anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mali names new prime minister after ethnic massacre" (en inglés). 23 de abril de 2019. Consultado o 24 de abril de 2019. 
  2. Institut National de la Statistique (ed.). "Mali preliminary 2018 census". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2010. Consultado o 29 de novembro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 International Monetary Fund (ed.). "Mali". 
  4. United Nations Development Programme, ed. (10 de decembro de 2019). "Human Development Report 2019" (PDF) (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2019. 
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para maliano.
  6. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. Bamaco (Malí) 
  7. Index Mundi using CIA World Factbook statistics, 20 de xaneiro de 2018, consultado o 13 de abril de 2019
  8. Mali gold reserves rise in 2011 alongside price Arquivado 21 de novembro de 2015 en Wayback Machine.. Consultado o 17 de xaneiro de 2013
  9. Human Development Indices Arquivado 12 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., Table 3: Human and income poverty, p. 6. Consultado o 1 de xuño de 2009
  10. UNDP (2009). "Anexo estadístico" (PDF). Índice de Desenvolvemento Humano 2009 (en castelán). Consultado o 30 de xaneiro de 2010. 
  11. Topics. MuslimHeritage.com (5 de xuño de 2003). Consultado o 8 de outubro de 2012.
  12. Sankore University. Muslimmuseum.org. Consultado o 8 de outubro de 2012.
  13. Mali Empire (ca. 1200- ) | The Black Past: Remembered and Reclaimed. The Black Past. Consultado o 8 de outubro de 2012.
  14. Polgreen, Lydia and Cowell, Alan (6 de abril de 2012) "Mali Rebels Proclaim Independent State in North", The New York Times
  15. UN Security Council condemns Mali coup. Telegraph (23 de marzo de 2012). Consultado o 24 de marzo de 2013.
  16. Le Monde, ed. (12 de xaneiro de 2013). "Mali – la France a mené une série de raids contre les islamistes". Consultado o 13 de xaneiro de 2013. 
  17. Wolny, Philip (15 de decembro de 2013). The Rosen Publishing Group, ed. Discovering the Empire of Mali. p. 7. ISBN 9781477718896. 
  18. Sasnett, Martena Tenney; Sepmeyer, Inez Hopkins (1 de xaneiro de 1967). Educational Systems of Africa: Interpretations for Use in the Evaluation of Academic Credentials. University of California Press. pp. 673. 
  19. Imperato, Pascal James; Imperato, Gavin H. (25 de abril de 2008). Historical Dictionary of Mali. Scarecrow Press. p. 231. ISBN 9780810864023. 
  20. 20,0 20,1 Aku Adjandeh, Evelyn (xullo de 2014). UNIVERSITY OF GHANA, LEGON – INSTITUTE OF AFRICAN STUDIES, ed. "A STUDY OF PROVERBS IN THINGS FALL APART AND SUNDIATA: AN EPIC OF OLD MALI (SUNDIATA)" (PDF). p. 100. Consultado o 19 de maio de 2020. 
  21. Graft-Johnson, John Coleman De (1 de xaneiro de 1986). African Glory: The Story of Vanished Negro Civilizations. Black Classic Press. p. 92. ISBN 9780933121034. 
  22. Fyle, C. Magbaily (1999). Introduction to the History of African Civilization: Precolonial Africa. University Press of America. pp. 11. ISBN 9780761814566. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.