Saltar ao contido

Imperio de Ghana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaImperio de Ghana

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 15°40′N 8°00′O / 15.67, -8
CapitalCumbi-Salé (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficialLíngua soninquê (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creaciónc. 100 Editar o valor en Wikidata
Disoluciónséculo XII Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor en Wikidata

O Imperio de Ghana (200s-1068) estaba localizado no que actualmente é o sueste de Mauritania e a zona occidental de Malí, ao sur do Sáhara, no val medio do río Senegal. Era coñecido co nome de Wagadu polos seus propios cidadáns soninké, mais os europeos e os árabes chamárono Imperio de Ghana polo título do seu rei, ghana, que significa rei guerreiro. Wagadu significa "terra de rabaños" (waga = rabaño, du = terra).

O reino de Ghana xurdiu a partir dos relativamente pequenos asentamentos agrícolas e pastorais do Século I - século IV na rexión coñecida como Awkar. Arredor dos anos 200 a 300 un pobo de lingua mandé, coñecido como os soninké, unido baixo Majan Dyabe Cisse ou Dinga Cisse, o primeiro rei guerreiro, dominou Awkar.[1] Os soninké foron logo os fundadores do imperio de Ghana que a partir do século VIII controlou o comercio transahariano. Os ghanas conquistaron numerosas cidades e anexaron territorios veciños. O seu apoxeo chegou nos séculos IX e X.

Aínda que as tradicións orais falan sobre todo dos soninké de Wagadu, ao parecer, outros soninké formaron outros reinos prestixiosos na rexión, como Kaarta, Gajaaga e Gidimaxa. Cada un destes reinos era gobernado polo “tunka” ou rei, o único que era o “propietario ou mestre da forza” ou do poder, o “fankama”. Crese que varios reinos que xurdiron nesta parte de África tralos procesos de centralización política desencadeados polos drásticos cambios económicos ocorridos durante o século VIII nas rexións do Sahel e do Sáhara. Foi a época da introdución do camelo e da forma de vida árabe na rexión e dunha revolución comercial baseada nos envíos de ouro, marfil e sal cara a África do Norte, Oriente Medio e Europa a cambio de variadas mercadorías. Ao enriquecerse o Imperio de Ghana o comercio transahariano puido expandirse e gañar o control de importantes rutas comerciais.

Os primeiros escritos que mencionan o reino débense a comerciantes sanhaja do século VIII. Máis información provén de comerciantes de al-Andalus que visitaban o país e dos almorábides, que invadiron o reino a partir do século XI. O estudoso cordobés Abu Abdullah al-Bakri compilou as historias sobre as viaxes a Ghana[2] e deu unha detallada descrición do reino en 1067, época en que o exército imperial tiña 200 000 soldados e 40 000 arqueiros.ref>Soninkara.org[Ligazón morta]</ref> O culto ao emperador era obrigatorio. Ao morrer era enterrado nunha gran tumba baixo unha cúpula e sucedíao o fillo máis vello da súa irmá máis vella. A relixión centrábase na adoración de Bida, unha serpe mítica do río Níxer.

Kumbi Saleh

[editar | editar a fonte]

A capital foi construída en Kumbi Saleh ao bordo do Sáhara.[3] A maioría das casas eran de madeira e barro pero a clase alta vivía en casas de pedra e de madeira. Na práctica había dúas cidades separadas por uns 10 quilómetros poboados densamente polos comerciantes.

A sección máis grande chamábase El-Ghaba e estaba protexida por unha muralla de pedra dentro da cal estaba o centro político e relixioso. Alí atopábanse o palacio imperial e os bosques de árbores sagrados empregados nos rituais relixiosos dos soninké. Construíuse despois unha mesquita para os funcionarios musulmáns.[3]

A outra sección da cidade era a comercial, poboada por numerosos comerciantes[4] árabes e bérberes que construíron unha ducia de mesquitas. Os ghanas toleraron a difusión do islam aínda que nunca se converteron, como si ocorreu cos gobernantes de Takrur no que hoxe é o Senegal.

Decadencia e conquista

[editar | editar a fonte]
Estados formados trala descomposición do imperio de Ghana.

Contra 1059, o crecemento da poboación chocou coa expansión do deserto cara ao sur, co que as importacións de alimentos medraron. O crecente poder dos almorábides permitiulles atacar Ghana en 1062, acaudillados polo xeneral Abu Bakr Ibn Umar, que cercou a capital en 1067. O reino resistiu máis de dez anos gobernado por Ghana Bassi e o seu sucesor Ghana Tunka Menin, cun exército de douscentos mil homes.[5] Finalmente, en 1076, Abu Bakr ibn Umar conquistou a capital e forzou os seus habitantes a convertérense ao islam. A dominación almorábide, non obstante, non sobreviviu á morte de Abu Bakr en 1087. Os soninké retomaron o control da rexión, pero co seu poder debilitado.

En 1140, o pobo sosso do reino Kaniaga, radicalmente antimusulmán, conquistou gran parte do antigo imperio. Diara Kante apoderouse de Kumbi Saleh en 1180 e estableceu a dinastía diarisso. O seu fillo Soumaoro Kante sucedeuno en 1203 e obrigou o pobo a pagarlle tributos.

En 1230, Maghan Sundiata, o príncipe da rexión de Kangaba, ao suroeste do actual Malí, encabezou unha rebelión en favor do emperador mandé de Malí, Sundiata Keïta, contra o goberno sosso. Ghana Soumaba Cisse, vasalo de Sosso. Despois da derrota de Soumaoro na batalla de Kirina en 1235, o novo goberno en Kumbi Saleh declarouse aliado do Imperio de Malí, ao que pasou a pertencer a partir de 1240.

Gobernantes

[editar | editar a fonte]

Reis de Awkar

[editar | editar a fonte]
  • Kaya Simpática ou Kaya Maghan: 350 d. C.
  • 21 reis: 350-622
  • 21 reis: 622-750

Ghanas de Wagadou

[editar | editar a fonte]
  • Majan Dyabe Cisse ou Dinga Cisse: aproximadamente 750
  • Ghanas descoñecidos: aproximadamente 750-1040
  • Bassi: 1040-1062
  • Tunka Menin: 1062-1076

Ocupación almorábide

[editar | editar a fonte]
  • Xeneral Abu-Bakr Ibn-Umar: 1076-1087

Ghanas de Wagadou

[editar | editar a fonte]
  • Kambine Diaresso: 1087 á década de 1090
  • Suleiman: década de 1090-década de 1100s
  • Bannu Bubu: década de 1100-década de 1120s
  • Majan Wagadou: década de 1120-década de 1130s
  • Gañe: década de 1130-década de 1140s
  • Musa: década de 1140-década de 1160s
  • Birama: década de 1160-década de 1180s

Ocupación Kaniaga

[editar | editar a fonte]
  • Diara Kante: década de 1180-1202
  • Soumaba Cisse, vasalo de Soumaoro: 1203-1235

Alianza con Malí

[editar | editar a fonte]
  • Soumaba Cisse, aliado de Sundjata Keita: 1235-1240

Ghana actual

[editar | editar a fonte]

A Ghana contemporánea nomeada en honra do antigo imperio non coincide co seu territorio. Segundo as lendas tradicionais, os sobreviventes do imperio migraron ata a actual Ghana, cuxos poboadores coñecían como comerciantes de ouro.

  1. Aínda hoxe o apelido Cisse é prominente na política de Mauritania e Malí.
  2. Al-Bakri Siffah Iftiqiyyah Wal-Maghrib (Description Of Africa and The Maghreb), D. Slan, Algeria, 1857, p. 158.
  3. 3,0 3,1 al-Bakri (1067) en Levtzion and Hopkins, Corpus, p. 80.
  4. al-Bakri, 1067 en Levtzion and Hopkins, Corpus, pp. 79–80.
  5. "Africa, Emerging Civilizations In Sub-Sahara Africa" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2010. Consultado o 8 de maio de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]