Tombouctou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Timbuktu")

Coordenadas: 16°46′33″N 3°0′34″W / 16.77583°N 3.00944°W / 16.77583; -3.00944

Tombouctou
Timbuktu Mosque Sankore.jpg
Universidade de Sankore
Situación xeográfica
Tombouctou en Malí
Tombouctou
Tombouctou
País Flag of Mali.svg Malí
Rexión Rexión de Tombouctou
Xeografía
Altitude 261 msnm
Poboación
Poboación 54.453 hab. (2009)
Densidade hab/km²
Información
Código postal
Alcalde
Páxina web

Tombouctou (en francés Tombouctou e na lingua Koyra Chiini Tumbutu; ás veces escrita Timbuktu) é unha cidade da rexión de Tombouctou, en Malí. Foi o centro intelectual e espiritual que favoreceu o espallamento do Islam en África nos séculos XV e XVI. É a sede da prestixiosa Universidade Sankore, ademais doutras madrasas. As tres grandes mesquitas, Djingareyber, Sankore and Sidi Yahya, son os maiores expoñentes da idade dourada de Tombouctou, e aínda que foron restauradas en varias ocasións na actualidade corren risco de desertización.

Debido á súa situación a uns 15 km ao norte do río Níxer, no cruzamento das rutas comerciais transaharianas dende o Sahara ata Araouane, foi historicamente importante polo comercio de rochas de sal procedentes de Taoudenni. Tamén foi o punto de encontro entre os pobos no oeste africano, nómades bérberes, pobos árabes do norte e comerciantes xudeus. Este feito deulle á cidade un halo fabuloso, sendo recoñecida en moitos lugares coma unha terra afastada e exótica. Na actualidade, Tombouctou ten unha poboación pertencente ás etnias songhai, tuareg, fulbe e mandé.

Conxunto histórico de Tombouctou.

A maior contribución de Tombouctou á civilización mundial e ao Islam foi a súa produción cultural. Arredor do século XIV escribíronse e copiáronse moitos libros, e a cidade comezou a considerarse coma un lugar importante da tradición escrita en África. Por esta razón, a Unesco declarou a cidade e a rexión como Patrimonio da Humanidade no ano 1988.

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Tombouctou está irmandada coas seguintes cidades:[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Timbuktu 'twins' make first visit». BBC News. 24 de outubro de 2007. Consultado o 24 de maio de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tombouctou Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]