Kora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Kora
Koras

A kora é a arpa de África occidental, emprégaa especialmente a etnia mandinga e a casta dos djelis, que habitan nas actuais Senegal, Gambia, Malí e Guinea. O seu son atópase entre a arpa céltica nos baixos e a guitarra flamenca no agudos para facer as improvisacións. A kora tradicional faise de media cabaza oca, pel de vaca ou antílope e tres remaches de madeira. Un mastro atravesa a cabaza, na parte inferior ponse un anel de ferro onde comezan as cordas. Na parte superior hai 21 cordas, formadas tradicionalmente por finas tiras de tripa entrenzadas, co que se afina a kora. Unha ponte de madeira no medio da pel onde van as cordas, e sobre estas unha plataforma de madeira cuberta con tea, que vai axudar a pasar o son pola caixa de resonancia.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.