Escudo de Malí
Escudo de Malí | |
---|---|
Detalles | |
Armiger | Malí |
Adoptado | 20 de outubro de 1973 |
Divisa | Un Peuple, Un But, Une Foi "Un pobo, un obxectivo, unha fe" |
O escudo de armas de Malí é un emblema nacional formado por un círculo cargado cun paxaro na parte superior, unha mesquita no centro flanqueada por dous arcos e frechas, e o sol crecente no fondo. Foi adoptado trece anos após o país acadou a independencia, sendo o selo da República de Malí dende 1973. É utilizado en documentos oficiais como escudo de armas.
Historia
[editar | editar a fonte]Malí acadou a independencia en agosto de 1960, cando se separou do Senegal e se converteu nun estado independente de seu, desaparecendo dese xeito a breve Federación de Malí que unía as dúas nacións.[1] O selo de Malí foi deseñado pouco despois, o cal é case idéntico ó selo actual agás polas cores. Compoñíase dun círculo vermello arrodeado por un bordo verde.[2] O actual selo foi adoptado oficialmente o 20 de outubro de 1973, baixo a Ordinance no. 56 do CMLN (Comité Militar para a Liberación Militar).[3] É empregado nos documentos oficiais no canto dun escudo de armas, un símbolo heráldico que o país xamais adoptou.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Baker, Kathleen M. "Mali – French West Africa". En Encyclopædia Britannica, Inc. Encyclopædia Britannica. Consultado o 3 de abril de 2014.
- ↑ Minahan, James (1 de decembro de 2009). Greenwood Press, ed. The Complete Guide to National Symbols and Emblems: Volume 2. p. 865.
- ↑ African Law Center, Columbia University, ed. (1974). African Law Digest, Volume 9. p. 281.
- ↑ Smith, Whitney (1975). McGraw-Hill, ed. Flags through the ages and across the world. p. 257.
Mali has never adopted a coat of arms. lts seal, used on official papers, bears the national motto.