Salvador Fernández Moreda
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
![]() | Este artigo biográfico está escrito a modo de currículo. |
Salvador Fernández Moreda | |
1987 – 2015 | |
Concelleiro de Urbanismo do Goberno Municipal da Coruña
| |
1995 – 2003 | |
Sucedido por | José Luis Méndez Romeu |
1979 – 1996 | |
1989 – 1995 | |
Precedido por | José Manuel Romay Beccaría |
Sucedido por | Augusto César Lendoiro |
2003 – 2011 | |
Precedido por | José Luis Torres Colomer |
Sucedido por | Diego Calvo |
1996 – 2000 | |
Datos persoais
| |
Nacemento | 28 de abril de 1953 (69 anos) Foz |
Partido | PSdeG-PSOE |
Profesión | Médico, político |
Residencia | A Coruña |
Jesús Salvador Fernández Moreda, nado o 28 de abril de 1953 en Foz, é un político galego do Partido dos Socialistas de Galicia.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado en ciencias económicas, en 1973 ingresou no PSOE e na UXT. Ostentou desde entón múltiples cargos, entre eles:

Área recreativa de Vilanova de Santiso inaugurada por Salvador Fernández Moreda como presidente da Deputación da Coruña e José Ramón Varela Rey como alcalde de Malpica.
- Deputado no Congreso dos Deputados (1979-1996).
- Concelleiro na Corporación Municipal da Coruña desde 1987 até 2015. Concelleiro de Urbanismo do Goberno Municipal de 1995 a 2003.
- Presidente da Deputación Provincial da Coruña nos períodos 1989-1995 e 2003-2011.
- Senador na VI lexislatura (1996-2000) do Senado Español.
- Membro das Comisións de Orzamentos, Constitucional e Mixta do Defensor do Pobo, no Congreso dos Deputados.
- Membro da Comisión Xeral de Comunidades Autónomas.
- Membro da Comisión Executiva Federal do PSOE e responsábel da área de Política Autonómica entre 1981 e 1987.
- Membro do Comité Federal do PSOE.
- Membro de varias comisións executivas e do Comité Nacional do PSdeG-PSOE.
- Secretario de organización e vicesecretario xeral do PSdG-PSOE.
- Vicepresidente da Comisión de Urbanismo da FEMP.
- Membro do Consello Xeral da FEMP.
- Membro do Consello de Poderes Locais e Regionais do Consello de Europa
- Secretario Provincial do PSdeG-PSOE na Coruña dende novembro de 2009 ata xuño de 2012.
- Membro do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.
- Patrón de IFECO (Instituto Feiral da Coruña).
- Membro da Comisión Galega de Cooperación.
- Membro da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia.
- Patrón da Fundación Camilo José Cela.
- Patrón da Fundación Gonzalo Torrente Ballester.
- Patrón da Fundación Galicia Emigración
- Patrón da Fundación Democracia e Goberno Local
- Membro do Consello de Administración e da Comisión delegada de Caixa Galicia.
- Vicepresidente primeiro de Caixa Galicia de 2008 a 2011[1].
Recibiu ademais, os seguintes premios e condecoracións:
- Medalla de Ouro Sir John Moore.
- Medalla de Ouro de Cruz Roja Española.
- Medalla de Honra da Emigración (Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais).
- Premio Economista do ano 2008.
Polémicas[editar | editar a fonte]
Froito do seu paso por múltiples institucións pesan sobre el varias polémicas, especialmente a da súa responsabilidade nas licenzas outorgadas cando era concelleiro de urbanismo na Coruña ao predio Conde de Fenosa[2] (sobre o que hai unha orde de derrumbamento parcial[3]) e a súa presunta implicación na concesión de xubilacións millonarias a varios exdirectivos da desaparecida Caixa Galicia[4].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Caixa Galicia nombra vicepresidente al economista y político Salvador Fernández Moreda galiciae.com, 31 de xullo de 2008.
- ↑ Moreda defiende la legalidad de la licencia del edificio Fenosa www.laopinioncoruna.es, 17/04/2010.
- ↑ «El derribo de Fenosa es como el cuento del lobo», www.lavozdegalicia.es, 31/07/2015.
- ↑ Moreda y Mauro Varela, imputados por los retiros millonarios de la caja Moreda y Mauro Varela, imputados por los retiros millonarios de la caja www.laopinioncoruna.es, 03/11/2013.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Predecesor: Xosé Manuel Romay Beccaría |
![]() Presidente da Deputación da Coruña 1989 − 1995 |
Sucesor: Augusto César Lendoiro |
Predecesor: Xosé Luís Torres Colomer |
![]() Presidente da Deputación da Coruña 2003 − 2011 |
Sucesor: Diego Calvo Pouso |
Predecesor: Moisés Rey |
![]() Sectretario Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña 2009 - 2012 |
Sucesor: Francisco Caamaño |