Saltar ao contido

John F. Kennedy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «John Fitzgerald Kennedy»)
Modelo:BiografíaJohn F. Kennedy

(1963) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(mul) John Fitzgerald Kennedy Editar o valor en Wikidata
29 de maio de 1917 Editar o valor en Wikidata
Brookline, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte22 de novembro de 1963 Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Parkland Memorial Hospital, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Nacional de Arlington, Section 45, grave S-45 38°52′54″N 77°04′17″O / 38.881546, -77.071477 Editar o valor en Wikidata
35º Presidente dos Estados Unidos de América
20 de xaneiro de 1961 – 22 de novembro de 1963 (finado no cargo)
← Dwight D. EisenhowerLyndon B. Johnson →
28º Presidente electo dos Estados Unidos
8 de novembro de 1960 – 20 de xaneiro de 1961
← Dwight D. EisenhowerRichard Nixon →
Senador dos Estados Unidos
3 de xaneiro de 1959 – 22 de decembro de 1960 (dimisión)Benjamin A. Smith II (pt) Traducir →
Lexislatura: 86th United States Congress (en) Traducir

Circunscrición electoral: Massachusetts Class 1 senate seat (en) Traducir

Senador dos Estados Unidos
3 de xaneiro de 1957 – 3 de xaneiro de 1959
Lexislatura: 85th United States Congress (en) Traducir

Circunscrición electoral: Massachusetts Class 1 senate seat (en) Traducir

Senador dos Estados Unidos
3 de xaneiro de 1955 – 3 de xaneiro de 1957
Lexislatura: 84th United States Congress (en) Traducir

Circunscrición electoral: Massachusetts Class 1 senate seat (en) Traducir

Senador dos Estados Unidos
3 de xaneiro de 1953 – 3 de xaneiro de 1955
← Henry Cabot Lodge, Jr. (pt) Traducir
Lexislatura: 83rd United States Congress (en) Traducir

Circunscrición electoral: Massachusetts Class 1 senate seat (en) Traducir

Membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos
3 de xaneiro de 1947 – 3 de xaneiro de 1953
← James Michael Curley (pt) TraducirTip O'Neill (pt) Traducir →
Datos persoais
ResidenciaSítio Histórico Nacional John Fitzgerald Kennedy (pt) Traducir (1917–1920) Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoIrlandoamericano Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónStanford Graduate School of Business (pt) Traducir (1940–1941)
Harvard College - relacións internacionais (1936–1940)
Universidade de Princeton (1935–1936)
Choate Rosemary Hall (en) Traducir (1931–1935)
Canterbury School (en) Traducir (1930–1931)
Dexter School (en) Traducir (–1927)
Edward Devotion School (en) Traducir (1922–)
Riverdale Country School (pt) Traducir
Noble and Greenough School (en) Traducir
London School of Economics Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAbelanado Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Washington, D.C. Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, escritor, oficial da armada, estadista, xornalista, Anticomunista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1941 Editar o valor en Wikidata - 1945 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
LealdadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Rama militarArmada dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Rango militarTenente (1943–1945)
tenente junior (1942–1943)
alferes (pt) Traducir (1941–1942) Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial
Guerra do Pacífico
Campanha nas Ilhas Salomão (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
1963commencement at the American University (en) Traducir
1950commencement at the University of Notre Dame (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
FamiliaFamília Kennedy (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeJacqueline Kennedy Onassis (1953–1963), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
ParellaMimi Alford (1962–1963)
Pamela Turnure
Marilyn Monroe
Florence Pritchett
Angie Dickinson
Kay Stammers
Jeanne Carmen
Marlene Dietrich
Judith Exner
Inga Arvad
Mary Pinchot Meyer
Gene Tierney
Gunilla von Post
Frances Ann Cannon Editar o valor en Wikidata
FillosArabella Kennedy
 () Jacqueline Kennedy Onassis
Caroline Bouvier Kennedy
 () Jacqueline Kennedy Onassis
John F. Kennedy
 () Jacqueline Kennedy Onassis
Patrick Bouvier Kennedy
 () Jacqueline Kennedy Onassis Editar o valor en Wikidata
PaisJoseph P. Kennedy Editar o valor en Wikidata  e Rose Kennedy Editar o valor en Wikidata
IrmánsJoseph P. Kennedy
Rosemary Kennedy
Kathleen Kennedy Cavendish
Eunice Kennedy Shriver
Patricia Kennedy Lawford
Robert F. Kennedy
Jean Kennedy Smith
Edward Kennedy Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
14 de outubro de 1962-28 de outubro de 1962Crise dos mísiles de Cuba
1962-1979Guerra Fria (pt) Traducir
1955-30 de abril de 1975Guerra do Vietnam Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Кеннеди Джон Фицджералд)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webwhitehouse.gov… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0448123 Allocine: 464279 Allmovie: p37720 Metacritic: person/john-f-kennedy TV.com: people/john-f-kennedy
BNE: XX986535 Musicbrainz: 2966f67a-ed7a-43e7-9a6a-a14aa592b246 Discogs: 441676 WikiTree: Kennedy-96 Find a Grave: 574 Editar o valor en Wikidata

John Fitzgerald Kennedy, con frecuencia referido como Jack Kennedy ou JFK, nado o 29 de maio de 1917 e asasinado o 22 de novembro de 1963, foi o presidente número 35 dos Estados Unidos de América, entre os anos 1961 e 1963.

John Fitzgerald Kennedy pasou á historia como un dos presidentes máis lembrados tanto pola súa idiosincrasia (foi o presidente dos Estados Unidos elixido máis novo, e o primeiro de relixión católica) como pola súa tráxica morte nun atentado.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Segunda guerra mundial

[editar | editar a fonte]

A súa familia era de orixe irlandesa. Seu pai, o doutor Joseph Kennedy, era embaixador dos Estados Unidos na Gran Bretaña xusto antes da segunda guerra mundial e posuía unha das maiores fortunas do país.

John F. Kennedy convértese nun heroe de guerra. A bordo do seu patrulleiro PT109 foi atacado por un patrulleiro xaponés. Permaneceu durante 30 horas no mar, a fin de manter con vida a algúns compañeiros gravemente feridos. Deste xeito agravou unha lesión de costas que sufrira xogando ao fútbol americano, e que lle causaría molestias durante toda a súa vida.

O seu irmán máis vello morreu en combate durante a guerra, polo que John tivo que tomar as responsabilidades propias da ambición política que seu pai tiña para o clan familiar.

Vida política

[editar | editar a fonte]

En principios dos anos 1950 convértese en senador polo estado de Massachusetts.

John F. Kennedy no anverso dun dólar presidencial de 2015.

Como candidato demócrata gañou na elección presidencial de 1960 ao entón vicepresidente, Richard Nixon e o seu mandato só durou aproximadamente mil días. Durante ese tempo tiveron lugar varios feitos salientables na historia dos EUA: a aceleración da carreira espacial, o aumento do papel dos Estados Unidos na guerra de Vietnam e a invasión de Baía de Cochinos, que desencadeou a crise dos mísiles de Cuba en 1962. As negociacións entre o goberno de Kennedy e Nikita Khrushchev conseguiron deter as hostilidades; así e todo, durante toda a historia da guerra fría xamais se estivo tan preto dunha confrontación armada directa entre as dúas potencias.

En canto a Latinoamérica, lanzou o seu programa "Alianza para o Progreso", que pretendía lograr un maior achegamento entre as diferentes nacións de América, con respecto a EEUU, para deste xeito afastalas da influencia soviética, encarnada en Cuba. Froito deste plano foi o xurdimento de Cidade Kennedy, que actualmente é o barrio máis grande de Bogotá, con máis dun millón de habitantes.

Internamente tivo un importante labor en promover os dereitos civís da poboación afroamericana, especialmente nos estados do sur, onde seguían sufrindo unha forte segregación. Así mesmo polo seu carisma foi unha fonte de inspiración para que moitos estadounidenses se envolvesen social e politicamente na actividade pública.

A súa administración colidiu contra varios poderes do país. A orixe dubidosa de parte da fortuna familiar (o seu pai traficou con licor durante a lei seca) ligábao a membros da mafia dos Estados Unidos, especialmente a Sam Giancana. Esta situación, sumada á política recalcitrante do seu irmán máis novo e fiscal xeral (equivalente nos EUA a ministro de xustiza) Robert F. Kennedy, fixo que o presidente se atopase no medio dun conflito de intereses, fóra do normal. A isto era preciso sumar a confrontación aberta dos Kennedy (en especial Robert) co principal xefe sindical do país, Jimmy Hoffa.

Asasinato

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Asasinato de John F. Kennedy.

Kennedy foi asasinado en Dallas o 22 de novembro de 1963 durante unha viaxe oficial. Lee Harvey Oswald foi detido, acusado de cometer o atentado. Este último foi á súa vez asasinado por Jack Ruby antes de que puidese testemuñar nun xuízo.

Este atentado afectou enormemente a sociedade estadounidense. Hoxe en día son poucos os estadounidenses que cren que o doutor John F. Kennedy foi asasinado por Lee Harvey Oswald, ou que o fixo só. Existen ata numerosas hipóteses de conxura nas cales se implica a CIA, o FBI, o goberno cubano de Fidel Castro, ou os exiliados cubanos.

[editar | editar a fonte]

Téñense realizado varias películas nas que se trata a súa morte, como:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Dwight D. Eisenhower
 
Presidente dos Estados Unidos de América
 
19611963
Sucesor:
Lyndon B. Johnson