Andrónico III Paleólogo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 25 de marzo de 1297 (Gregoriano) Constantinopla |
| Morte | 15 de xuño de 1341 (Gregoriano) Constantinopla |
| Emperador do Imperio Romano de Oriente | |
| 24 de maio de 1328 – 15 de xuño de 1341 ← Andrónico II Paleólogo – Xoán V Paleólogo → | |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Familia | |
| Familia | Dinastía Paleólogo |
| Cónxuxe | Ana de Saboia (1326–) Irene de Brunswick (1318 (Gregoriano)–1324) |
| Fillos | Irene Paleóloga de Trebisonda ( Μαρία Εἰρήνη Παλαιολογίνα ( Miguel Paleólogo ( Xoán V Paleólogo ( Μαρία Παλαιολογίνα ( |
| Pais | Miguel IX Paleólogo |
| Irmáns | Teodora Paleóloga Anna Palaiologina Manuel Paleólogo |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia Leksikon Pequeno dicionario enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Andrónico III Paleólogo, nado contra o 1296 e finado o 15 de xuño de 1341, foi un emperador bizantino e fillo de Miguel (IX) e da princesa Rita de Armenia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Durante a súa mocidade, o seu comportamento foi tan violento que, trala morte do seu pai Miguel en 1320, o seu avó Andrónico II decidiu desposuílo do seu dereito ao trono. Andrónico rebelouse, pois contaba cun poderoso grupo de apoios, e iniciouse unha guerra civil cuxa primeira fase acabou coa súa coroación e aceptación como co-emperador do seu avó en 1325. As disputas reiniciáronse e, a pesar do apoio dos búlgaros, o vello emperador viuse obrigado a abdicar en 1328.
O seu primeiro ministro durante esta época foi Xoán Cantacuzeno, que logo reinaría como Xoán VI. Durante o seu reinado, Andrónico III estivo case constantemente en guerra, sobre todo cos turcos otománs, que expandiron o seu territorio, conquistando case toda Asia Menor antes da chegada ao poder de Andrónico. No seu reinado, Nicea caeu en mans do emir otomán Orhan I en 1331, e Nicomedia en 1337. Tras estas perdas, só Filadelfia e algúns portos seguiron estando baixo control bizantino. Andrónico anexionou gran parte de Tesalia e de Epiro, pero se perderían poucos anos logo da súa morte, durante un novo período de guerra civil, arrebatados polo crecente poder de Serbia baixo Stefan Dusan. Tamén reorganizou a armada e recuperou Lesbos, Focea e Quíos que estaban en mans dos xenoveses. Morreu en 1341, e foi sucedido polo seu fillo Xoán V Paleólogo.
| Imperio Bizantino | ||
|---|---|---|
Segue a: Andrónico II Paleólogo |
Andrónico III Paleólogo | Precede a: Xoán V Paleólogo |
| Dinastía Paleólogo | ||