Dinastía merínida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imrinen /المرينيون (árabe)
Dinastía merínida

Imperio

Flag of Almohad Dynasty (1147-1269).svg
1215 — 1358 PortugueseFlag1385.svg
Bandeira Escudo
Bandeira Escudo
Situación de Merínidas
Extensión da dinastía merínida (en vermello), c. 1350
Alxeria, Marrocos, Tunisia e parte de Al-Andalus
Capital Fez
Relixión Islam sunita (predominante), catolicismo, xudaísmo, ibadi, sufismo
Goberno Monarquía
Sultán
 • 1215-1217 Abd al-Haqq I
Abu Inan Faris
Historia
 • Establecido {{{data_inicio}}}
 • Disolución 1358
Superficie 39 323 636 km²
Moeda Dinar, Dobla Zaena, Dobla almohade)

Os Merínidas ou benimeríns foron unha dinastía bérber do grupo Zenata que reinou en Magreb tras a caída dos almohades entre os séculos XIII e XV, gobernando nos territorios dos actuais Marrocos e sur de España, ademais da maioría do Magreb. Os benimeríns interviñeron de maneira decisiva na política do reino nazarí de Granada, onde tiñan un exército permanente. Ademais, foron un soporte fundamental da resistencia contra os reinos cristiáns. O reino de Granada foi a última fortaleza marínida na Península Ibérica, que pasa para Castela en 1340, e ademais esta dinastía foi substituída pola dinastía Hafsid en 1465.

Historia[editar | editar a fonte]

A dinastía tivo as súas orixes nos bérberes Zenatas, aliados tradicionais dos Omíadas de Córdoba. En 1248 o xefe da tribo, Abu Yahya, conquistou a cidade de Fez e nos dez anos que seguiron conquistou todo o Marrocos, con excepción de Marraquex, tomada en 1269 polo seu irmán e sucesor, Abu Yusuf (Abu Iúçufe).

A madrasa Bou Inania en Fez foi mandada construír polos Merínidas

Despois de teren derrotado os Almohades, tentaron apoderarse dos dominios que estes posuían no Magreb e na Península Ibérica, mais as súas tentativas fracasaron. Enviaron varios continxentes de tropas para o reino de Granada, tendo desa forma contribuído para a supervivencia dese reino fronte ás agresións cristiás. En 1340 os cristiáns, nun exército conxunto castelán-portugués, derrotan os merínidas na batalla do Salado, nunha batalla decisiva no proceso da Reconquista.

Os Merínidas destacaron como grandes construtores, tendo fundado a nova cidade de Fez, que funcionou como capital da dinastía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]