Folgoso do Courel
![]() |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Folgoso do Courel | |
---|---|
![]() | |
Situación | |
Xentilicio[1] | courelao |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca de Quiroga |
Poboación | 1.196 hab. (2010)[2][3] |
Área | 192,8 km²[3] |
Densidade | 6,2 hab./km² |
Entidades de poboación | 9 parroquias[4] |
Capital do concello | Folgoso do Courel |
Política (2011) | |
Alcalde | Dolores Castro Ochoa (PPdeG) |
Concelleiros | BNG: 0 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 4 Outros: - |
Eleccións municipais en Folgoso do Courel | |
Uso do galego[5] (2001) | |
Galegofalantes | 99,18% |
Na rede | |
http://www.folgosodocourel.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Folgoso do Courel é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga. Segundo o IGE en 2010 tiña 1.196 habitantes (1.310 no 2006, 1.346 no 2005, 1.397 no 2004, 1.448 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «courelao».
Evolución da poboación de Folgoso do Courel Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
6.413 | 5.785 | 5.479 | 1.397 | |||||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Censo Total | 1.233 |
Menores de 15 anos | 43 (3,49 %) |
Entre 15 e 64 anos | 702 (56,93 %) |
Maiores de 65 anos | 488 (39,58 %) |
Xeografía
A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no suroeste da provincia de Lugo, que se estende tamén polos concellos de Quiroga e Pedrafita do Cebreiro. Ten uns 212 km², con fortes variacións de altitude, desde os 400 m no val do río Lor aos 1.600 m en picos como Montouto, Formigueiros (1.643 m) ou Pía Páxaro (1.610 m). O río Lor e varios afluentes seus forman ricos vales con diversos ecosistemas, que fan desta serra a reserva botánica máis importante de Galiza.
Patrimonio natural
Folgoso do Courel ten unhas paraxes naturais de alto valor no eido da espeleoloxía.
A sima de Ardelas está na localidade de Campelo (a 9 km de Seone), e con 128 metros é a cova máis profunda de Galicia. A cova de Tralacosta ten salas subterráneas con estalactitas e estalagmitas. A cova da Ceza encóntrase en Noceda (a 8 km de Seoane) e ten uns 680 metros de lonxitude, con grandes salas comunicadas por pasos estreitos a través dos que flúe un rego procedente dunha lagoa de 25 metros de profundidade localizada ao final. A Buracada das Choias está en Visuña (a 15 km de Soeane), e ten un percorrido de 30 metros por unha única galería. A cova do Oso está en Moreda, aos pés duns resaltes rochosos. Ten interese arqueolóxico, pois nela atopáronse restos de cerámica. A cova de Teixeira, de gran profundidade, está no lugar da Poza.
Patrimonio arqueolóxico
No concello hai diversos restos de poboados castrexos. No castro de Vilar destacan as súas murallas defensivas. Nel atopáronse restos de cerámica. O castro da Torre está próximo á localidade de Sobredo. O castro de Miraz ten unhas murallas de grande altura e no seu interior foron atopadas numerosas sepulturas. O castro de Torexe está en Visuña. No catastro de Ensenada dise que era onde se reunía a xustiza ordinaria da comarca.
Da época da romanización de Galicia consérvase a Tabula Hospitalis, unha peza de bronce atopada no Carbedo cun texto en latín consistente nun pacto entre o seurro Tilego, fillo de Ambato, e os lougeis do castellum Toletensis con autorización das autoridades romanas.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Folgoso do Courel.
-
Igrexa de San Pedro de Esperante
-
Interior dun antigo pombal construído na súa totalidade con pedra
Lugares de Folgoso do Courel
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Folgoso do Courel vexa: Lugares de Folgoso do Courel.
Parroquias
Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Folgoso do Courel".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Folgoso do Courel ![]() |