Seurros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os seurros (en latín: Seurri) eran unha tribo galaica prerromana pertencentes ó conventus lucensis.

Ocupaban desde as actuais terras de Taboada até a Fonsagrada , Baralla , Cebreiro e pasando por Sarria (como o propio nome suxire). Limitaban ó norte con Caporos e ó sur con Lemavos, sendo as súas cidades máis importantes Talamina, Ocelum e Turriga.

Este populus foi identificado por Tolomeo. Non se deben confundir co populus galaico Seurbi pertencente ó conventus bracarensis.