Seoane do Courel, Folgoso do Courel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Seoane do Courel
Piñeira Courel Galiza.JPG
ConcelloFolgoso do Courel
Área31,26 km²
Poboación218 hab. (2012)
Densidade6,97 hab./km²
Entidades de poboación9

San Xoán de Seoane do Courel é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel, na provincia de Lugo. Seoane do Courel foi ata a guerra civil a capital do concello.

Linda ó norte con Meiraos, Folgoso do Courel e Seara polo sur, Esperante e Visuña polo este e San Xoán de Lóuzara e Seceda polo oeste.

Demografía[editar | editar a fonte]

É a parroquia máis poboada do concello. Segundo o IGE en 2012 tiña 218 habitantes agrupados nas entidades de Ferrería Vella, Mercurín, Moreda, Parada, Piñeira e Seoane. Isto supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 331 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Antigamente Seoane era a capital do concello, pero só mantivo ese rango ata a guerra civil. A capitalidade foille conferida no ano 1834, xunto ó tratamento de vila, ata que lle foi retirada en favor de Folgoso por razóns aínda descoñecidas. Non obstante, segue a manter o carácter de capital municipal, concentrando un bo número de servizos, que se reflicte na feira que se celebra o segundo e o cuarto domingo de cada mes.

Construcións[editar | editar a fonte]

  • Casa do Escribano, que foi a antiga sede do concello e posúe un curioso reloxo de sol.
  • Igrexa de San Xoán, situada no alto da vila.
  • Ferrería de Seoane, movida pola auga do río Lor.
  • A casa deseñada polo arquitecto Carlos Quintáns Eiras foi finalista dos premios FAD e Mies van der Rohe.[1]

Festas[editar | editar a fonte]

As festas celébranse na honra a San Xoán os días 24 e 25 de xuño.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Seoane do Courel[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Seoane do Courel no concello de Folgoso do Courel (Lugo)

Cima de Vila | Ferrería Vella | Fondo de Vila | Mercurín | Moreda | Parada | Piñeira | Seoane do Courel | Vales

Parroquias de Folgoso do Courel[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Folgoso do Courel

Esperante (San Pedro) | Folgoso do Courel (Santa María) | Hórreos (San Pedro) | Meiraos (Santa María) | Noceda (San Pedro) | Seceda (San Silvestre) | Seoane do Courel (San Xoán) | Vilamor (San Vicente) | Visuña (Santa Eufemia)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]