Clasificación mundial da FIFA
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
A clasificación mundial da FIFA (oficialmente Clasificación Mundial FIFA/Coca-Cola, tamén coñecido como ranking FIFA) é un sistema de clasificación das 208 seleccións de fútbol masculino pertencentes á FIFA, utilizado dende agosto de 1993. Esta clasificación baséase nos resultados dos partidos oficiais entre as distintas seleccións a través da entrega de puntos. O actual sistema considera os resultados do últimos oito anos, ponderando con maior valor os resultados máis recentes para reflectir de mellor forma a competitividade actual dos equipos e outras variables, como as características do rival, o lugar de realización do partido e o torneo en que foi disputado (por exemplo, asignándolle maior valor ás fases finais da Copa Mundial de Fútbol que a partidos amigables).
Aínda que esta clasificación é obxectiva ao utilizar fórmulas matemáticas, foi obxecto dun intenso debate, debido a que non reflicte realmente o poder de certos equipos e non considera a traxectoria e a historia das diferentes seleccións. Debido a isto, a FIFA decidiu utilizar un novo sistema, o cal rexe desde o 12 de xullo de 2006. Existen outras clasificacións baseadas en sistemas como, por exemplo, o sistema de puntuación Elo utilizado no xadrez. Dende o mes de xullo de 2010, o equipo que ocupa o primeiro posto da clasificación mundial é España.
Historia[editar | editar a fonte]
Clasificación FIFA

En agosto de 1992 a FIFA en conxunto ao seu auspiciador, Coca-Cola, introduciron un sistema de clasificación para as seleccións nacionais adultas masculinas co fin dunha comparación básica das forzas relativas entre os equipos. A través deste sistema, a FIFA realizou diversos cálculos (por exemplo, para a asignación das cabezas de serie no sorteo da Copa Mundial de Fútbol de 2006). Ao longo dos anos implementáronse diversos trocos para poder precisar o sistema de clasificación, principalmente en 1999 e 2006.
Trocos de 1999[editar | editar a fonte]
A clasificación orixinal entregaba a cada equipo, 1 punto por empate e 3 por vitoria, de igual forma ao que se utiliza tradicionalmente nos sistemas de ligas. Con todo, a FIFA recoñeceu posteriormente a existencia de diferentes factores que afectan os resultados dos partidos internacionais. Así, foi deseñado un novo sistema para poder recoñecer estes factores e ter unha mellor forma de comparar diversos equipos de diferentes confederacións. Os principais cambios foron:
- Os puntos foron escalados nun factor de 10.
- O método de cálculo dos puntajes foi modificado incluíndo os seguintes factores:
- Cantidade de goles a favor e en contra.
- Lugar do enfrontamento (local ou visita).
- Importancia do partido segundo competición.
- Forza rexional ou da confederación.
- Os puntos asignados por vitoria ou empate deixan de ser fixos.
- As derrotas poden entregar algúns puntos.
Xunto a isto creáronse dous títulos:
- Equipo do ano.
- Salto do ano.
Aínda que o sistema de clasificación volveuse máis complexo, os cambios axudaron a dar máis precisión.
Cambios de 2006[editar | editar a fonte]
A pesar dos cambios de 1999, o sistema foi amplamente criticado por non entregar unha clasificación correcta e xusta dos equipos. Para isto, FIFA debeu introducir un novo sistema que debutou o 12 de xullo de 2006, días despois do fin da Copa Mundial de Fútbol de 2006.
Entre os cambios máis importantes figuran o cambio do período de avaliación de oito a catro anos e a simplificación do método de cálculo, eliminando as consideracións de goles e localía. Tamén foi modificada a importancia atribuída aos tipos de encontros.[1]
Líderes[editar | editar a fonte]
Cando o sistema foi lanzado, Alemaña foi o primeiro líder debido ao seu longo éxito tras tres finais consecutivas da Copa Mundial incluíndo o título de 1990. Brasil e Italia alcanzaron o tope da clasificación durante algúns meses debido aos seus exitosos procesos clasificatorios para a Copa Mundial de Fútbol de 1994.
Alemaña recobraría o primeiro lugar durante un tempo ata que Brasil arrebatoullo ao alcanzar o título de 1994. Os suramericanos só serían excedidos pola selección de Francia, tras alcanzar a Copa Mundial de Fútbol de 1998 e a Eurocopa 2000. Brasil volvería ao sitial máximo tras gañar a Copa Mundial de Fútbol de 2002 e a Copa América 2004 e manteríao, a pesar de alcanzar soamente o 5º lugar en Alemaña 2006.
Durante os meses seguintes, o desempeño brasileiro permitiulles conservarse no primeiro posto. Con todo, tras resultados adversos durante xaneiro de 2007, foi desprazado por Italia na clasificación do mes seguinte. Desde ese momento, o liderado da clasificación entraría nunha etapa de constante inestabilidade: Italia mantivo un breve reinado por dous meses e en marzo de 2007, Arxentina obtivo por primeira vez o primeiro lugar. A vitoria brasileira na Copa América 2007 volvería a encumbrarlos na clasificación no mes de xuño. Italia, Arxentina e Brasil liderarían por curtos períodos de forma intermitente, ata que a Albiceleste alcanzou o dominio absoluto desde outubro de 2007.
En xullo de 2008 alcanzou o liderado a selección de fútbol de España tras lograr o título na Eurocopa 2008, e mantívoo un ano até que en xullo de 2009 perdeuno a mans do Brasil, que subiu ao primeiro posto tras gañar a Copa Confederacións 2009, na que España quedou en terceiro lugar. Brasil e España disputáronse o liderado nos meses seguintes camiño á Copa Mundial de Fútbol de 2010, na cal tras a vitoria española, confirmouse o liderado deste último equipo.
Selección | Período |
---|---|
![]() |
Agosto de 1993 |
![]() |
Setembro e outubro de 1993 |
![]() |
Novembro de 1993 |
![]() |
Decembro de 1993 a marzo de 1994 |
![]() |
Abril a maio de 1994 |
![]() |
Xuño de 1994 |
![]() |
Xullo de 1994 a abril de 2001 |
![]() |
Maio de 2001 a maio de 2002 |
![]() |
Xuño de 2002 a xaneiro de 2007 |
![]() |
Febreiro de 2007 |
![]() |
Marzo de 2007 |
![]() |
Abril de 2007 a xullo de 2007 |
![]() |
Xullo a setembro de 2007 |
![]() |
Setembro a outubro de 2007 |
![]() |
Outubro de 2007 a xullo de 2008 |
![]() |
Xullo de 2008 a xullo de 2009]] |
![]() |
Xullo de 2009 a novembro de 2009 |
![]() |
Novembro de 2009 a abril de 2010 |
![]() |
Abril de 2010 a xullo de 2010 |
![]() |
Dende xullo de 2010 |
Clasificación TOP 20[editar | editar a fonte]
TOP 20 do ránking FIFA[2] | |||
# | Variación | Selección | Puntos |
---|---|---|---|
1 | ![]() |
![]() |
1614 |
2 | ![]() |
![]() |
1416 |
3 | ![]() |
![]() |
1287 |
4 | ![]() |
![]() |
1222 |
5 | ![]() |
![]() |
1158 |
6 | ![]() |
![]() |
1137 |
7 | ![]() |
![]() |
1123 |
8 | ![]() |
![]() |
1097 |
9 | ![]() |
![]() |
1095 |
10 | ![]() |
![]() |
1066 |
11 | ![]() |
![]() |
1059 |
12 | ![]() |
![]() |
1035 |
13 | ![]() |
![]() |
1022 |
14 | ![]() |
![]() |
1010 |
15 | ![]() |
![]() |
1008 |
16 | ![]() |
![]() |
1006 |
17 | ![]() |
![]() |
928 |
18 | ![]() |
![]() |
922 |
19 | ![]() |
![]() |
913 |
20 | ![]() |
![]() |
890 |
Equipo do ano[editar | editar a fonte]
O Equipo do Ano outórgase ao mellor equipo que no seus sete partidos do ano recibiu o maior número de puntos en xeral. A seguinte táboa mostra o tres mellores equipos de cada ano.[3]
Ano | Primeiro lugar | Segundo lugar | Terceiro lugar |
---|---|---|---|
1993 | ![]() |
![]() |
![]() |
1994 | ![]() |
![]() |
![]() |
1995 | ![]() |
![]() |
![]() |
1996 | ![]() |
![]() |
![]() |
1997 | ![]() |
![]() |
![]() |
1998 | ![]() |
![]() |
![]() |
1999 | ![]() |
![]() |
![]() |
2000 | ![]() |
![]() |
![]() |
2001 | ![]() |
![]() |
![]() |
2002 | ![]() |
![]() |
![]() |
2003 | ![]() |
![]() |
![]() |
2004 | ![]() |
![]() |
![]() |
2005 | ![]() |
![]() |
![]() |
2006 | ![]() |
![]() |
![]() |
2007 | ![]() |
![]() |
![]() |
2008 | ![]() |
![]() |
![]() |
2009 | ![]() |
![]() |
![]() |
2010 | ![]() |
![]() |
![]() |
2011 | ![]() |
![]() |
![]() |
2012 | ![]() |
![]() |
![]() |
Clasificación femenina[editar | editar a fonte]
A FIFA publica tamén unha lista sobre os seleccionados de fútbol feminino. A clasificación data de 1993 e en 2003 foi reestruturado. Aínda que seguen un procedemento similar, existen varias diferenzas coa clasificación masculina:
- A clasificación feminina publícase catro veces ao ano e non mensualmente como no caso masculino. En xeral, os resultados publícanse en marzo, xuño, setembro e decembro, pero nalgunhas ocasións estas datas varían produto dalgúns torneos de importancia (como a Copa Mundial Feminina).
- A clasificación mundial da FIFA considera todos os partidos internacionais xogados polos equipos desde 1971 (ano do primeiro partido oficial entre Francia e os Países Baixos); o masculino só considera os últimos catro anos.
- A clasificación feminina non dá preferencia a resultados recentes, a diferenza do masculino que ten unha escala que enfatiza os resultados recentes.
Desde 2003, só Alemaña e os Estados Unidos alcanzaron o liderato da clasificación. A clasificación feminina presenta un gran contraste en comparación coa versión masculina, especialmente en canto á posición das seleccións. A clasificatoria feminina inclúe equipos como Corea do Norte ou Islandia en altas posicións, mentres que na masculina roldan a metade da táboa; ademais, mentres Suramérica ten menos importancia, Asia e Escandinavia teñen un mellor desempeño.
Clasificación TOP 20[editar | editar a fonte]
Última actualización: 22 de marzo de 2013
TOP 20 dos equipos mellor situados[4] | |||
# | Variación | Selección | Puntos |
---|---|---|---|
1 | ![]() |
![]() |
2215 |
2 | ![]() |
![]() |
2163 |
3 | ![]() |
![]() |
2096 |
4 | ![]() |
![]() |
2038 |
5 | ![]() |
![]() |
2027 |
6 | ![]() |
![]() |
2025 |
7 | ![]() |
![]() |
1992 |
7 | ![]() |
![]() |
1992 |
9 | ![]() |
![]() |
1943 |
9 | ![]() |
![]() |
1943 |
11 | ![]() |
![]() |
1932 |
12 | ![]() |
![]() |
1913 |
13 | ![]() |
![]() |
1910 |
14 | ![]() |
![]() |
1881 |
15 | ![]() |
![]() |
1845 |
16 | ![]() |
![]() |
1835 |
17 | ![]() |
![]() |
1829 |
18 | ![]() |
![]() |
1824 |
19 | ![]() |
![]() |
1805 |
20 | ![]() |
![]() |
1802 |
Críticas[editar | editar a fonte]
Dende a súa introdución en 1993, a clasificación da FIFA foi intenso obxecto de debate, particularmente os procedementos para calcular o posto dunha selección e a disparidade entre a calidade aparente e a posición dalgunhas seleccións.[5] Por exemplo, Noruega alcanzou o segundo lugar en outubro de 1993 e en xullo de 1995, e os Estados Unidos chegáronos ao cuarto posto da clasificación para sorpresa dos propios xogadores.[6]
Unha mostra da disparidade entre a calidade efectiva das seleccións e a clasificación oficial foi durante a Copa Mundial de Fútbol de 2006. Equipos como a Chequia e Estados Unidos (situados nos lugares 2º e 5º, respectivamente) non pasaron a segunda rolda, mentres equipos como Alemaña (no lugar 19º) chegou até as semifinais.
Un dos argumentos da crítica é que o sistema de clasificación só ten en conta o desempeño dos equipos sobre un período de oito anos e que o desempeño dos equipos non ten correlación coa clasificación. Tamén se argumenta que en confederacións de menor calidade en xeral (como a AFC e a Concacaf), as súas seleccións ven sobrevaloradas, mentres que os equipos de confederacións máis competitivas (como a UEFA e a Conmebol) son desprazados a lugares menores.[6]
Os fallos no ordenamento levaron á elaboración de sistemas alternativos de clasificación como o Sistema de puntuación Elo e o sistema RSSSF.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "A nova Clasificación Mundial FIFA/Coca-Cola". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2007. Consultado o 19 de xullo de 2010.
- ↑ "Actual ranking FIFA". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2011. Consultado o 06 de xuño de 2013.
- ↑ "Team of the Year Award". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2011. Consultado o 19 de xullo de 2010.
- ↑ "The FIFA Women's World Rankings". FIFA.com. 17 de agosto de 2012. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2010. Consultado o 19 de agosto de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 The World Rankings riddle
- ↑ 6,0 6,1 FIFA adapting new world rankings
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Clasificación actualizada en FIFA.comArquivado 03 de novembro de 2015 en Wayback Machine.
- Métodos de cálculo da clasificación Arquivado 18 de abril de 2020 en Wayback Machine.