Sitiveni Rabuka
Sitiveni Rabuka | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 13 de setembro de 1948 |
Lugar de nacemento | Cakaudrove |
Nacionalidade | Fidxi |
Alma máter | Queen Victoria School e Defence Services Staff College |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Sitiveni Rabuka, nado na provincia de Cakaudrove, Fidxi, o 13 de setembro de 1948, é un político fidxiano que exerce como primeiro ministro de Fixi desde 2022, cargo que ocupou anteriormente desde 1992 até 1999. Foi dirixente do Partido Político Fidxiano até a súa disolución, e uniuse ao Partido Liberal Socialdemócrata (SODELPA) logo da chegada ao poder de Frank Bainimarama. Foi líder do partido nas eleccións xerais de 2018, manténdoo como a segunda formación máis grande do Parlamento, e sendo o líder da Oposición, cargo no que se mantivo dous anos máis tarde.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Rabuka é coñecido en Fidxi por ter axudado a instigar os dous golpes de estado de 1987, que sacudiron a política interna do país oceánico.[1] Logo do seu paso pola xefatura de goberno, ocupou o cargo de Presidente do Gran Consello de Xefes, e máis tarde foi designado Presidente do Consello Provincial de Cakaudrove desde 2001 a 2008. Foi elixido para este cargo o 24 de maio de 2001 e reelixido para un novo mandato de tres anos o 13 de abril de 2005. Opositor ao goberno de Frank Bainimarama, Rabuka foi elixido presidente do Partido Liberal Socialdemócrata (SODELPA) en 2016,[2] tras a renuncia de Teimumu Kepa, quen desaprobaba publicamente a elección de Rabuka para a súa substitución. A pesar das divisións internas, o liderado de Rabuka levou o partido a lograr un 39,85% dos votos nas eleccións xerais de 2018 e a crecer 6 escanos con respecto aos comicios anteriores.
Rabuka, que denunciou fraude electoral, foi o líder da Oposición no parlamento despois das eleccións.[3] O 28 de novembro de 2020 perdeu unha elección interna polo liderado do partido contra Viliame Gavoka, que pasou a ocupar o seu cargo parlamentario.[4] Días máis tarde, o 7 de decembro, presentou a súa renuncia como membro do Parlamento, alegando que «xa non quería ser un obstáculo» para o enfoque bipartidista que, segundo el, deberían adoptar os líderes políticos para crear harmonía, progreso e unidade en Fidxi.[5]
Rabuka formou un novo partido, a Alianza Popular, para competir nas eleccións xerais de Fidxi de 2022.[6] Tras os comicios, Rabuka resultou elixido Primeiro Ministro tras chegar a un acordo de coalición co NFP e o SODELPA.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Blum, William (2002). Rogue State. Monroe: Common Courage Press. pp. 153–154. ISBN 184277221X.
- ↑ "Sitiveni Rabuka wins leadership of Fiji's SODELPA". RNZ International. 24 de xuño de 2016. Consultado o 24 de xuño de 2016.
- ↑ "Rabuka named as Fiji opposition leader". https://RNZ International. 26 de novembro de 2018. Consultado o 26 de novembro de 2018.
- ↑ "Fiji's main opposition party chooses a new leader". RNZ. 2020-11-27. Consultado o 2020-11-27.
- ↑ "Rabuka resigns from Parliament". 7 de decembro de 2020. Consultado o 7 de decembro de 2020.
- ↑ Nacei, Luke (10 de decembro de 2020). "Rabuka forming new party" (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2022.
- ↑ "Sitiveni Rabuka is Fiji's new prime minister" (en inglés). 24 de decembro de 2022. Consultado o 24 de decembro de 2022.