Economía de Fidxi
Economía de Fidxi | |
---|---|
Moeda | Dólar fidxiano |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Sparteca |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 3 792 millóns (2010) |
Posición do PIB | 169ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 1,8% (2010) |
PIB per cápita | $ 4.300 (2010) |
PIB por sector | agricultura 8,9%, industria 13,5%, comercio e servizos 77,6% (2004) |
Inflación | 4,8% (2007) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 335.000 (2007) |
Forza de traballo por sector | agricultura 70%, industria, comercio e servizos 30% (2001) |
Desemprego | 7,6% (1999) |
Industrias | turismo, azucre, roupas, copra, ouro, prata, madeira, pequenas industrias domésticas |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 1 202 millóns (2006) |
Produtos de exportación | azucre, roupas, ouro, madeira, peixe, xarope de azucre, aceite de coco |
Principais mercados | Estados Unidos 15,21%, Australia 12,11%, Reino Unido 11,23%, Samoa 5,39%, Tonga 4,74%, Xapón 4,44% (2009) |
Importacións | 3 120 millóns (2006) |
Principais produtos importados | manufacturados, máquinas e equipamentos de transporte, derivados de petróleo, alimentos, produtos químicos |
Principais mercados | Singapur 27,27%, Australia 19,36%, Nova Zelandia 15,15%, República Popular da China 6,92%, India 5,23%, Tailandia 4,25% (2009) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 127 millóns (2004) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Fidxi, dotada de recursos forestais, minerais e pesqueiros, é unha das economías máis desenvolvidas do océano Pacífico, aínda que posúa un vasto sector de subsistencia. As exportacións de azucre, os envíos de diñeiro dos seus cidadáns residentes no estranxeiro e unha crecente industria de turismo - que recibe 400 a 500 mil visitantes por ano - son as principais fontes de divisas externas[1]. O procesado de azucre corresponde a un terzo da actividade industrial, pero nos últimos anos enfrontou varios inconvenientes. Os problemas estruturais do sector inclúen o baixo investimento e os pouco claros dereitos de propiedade sobre a terra. A industria do azucre recibiu un acceso especial á Unión Europea, pero poderá ser afectada pola recente decisión de corte de subsidios por parte da UE[1].
Os golpes de estado de 1987 e 2000 afectaron severamente a economía, e o crecemento a longo prazo da economía de Fidxi depende en gran medida da súa capacidade para formar unha administración estable e reducir a tensión social. As remesas dos traballadores emigrantes traballando en Kuwait e Iraq aumentaron significativamente a renda per capita.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 CIA - The World Factbook consultado o 7 de marzo 2011
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).