Seru Epenisa Cakobau
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1815 Nairai |
| Morte | 1883 Fiji |
| Rei | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Outro | |
| Título | Rei |
| Fillos | Adi Asenaca Kakua Vuikaba, Ratu Timoci Tavanavanua, Epeli Nailatikau I, Josefa Celua |
| Pai | Tanoa Visawaqa |
| Descrito pola fonte | The Dictionary of Australasian Biography, 1892 (en) |
Ratu Seru Epenisa Cakobau, nado en 1815 e finado en 1883, foi rei de Fiji (Tui Viti) entre o 5 de xuño de 1871 e o 10 de outubro de 1874, cando cedeu a soberanía do país á raíña Vitoria do Reino Unido.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cakobau era o xefe tradicional de Bau dende o 8 de decembro de 1852 ao suceder ao seu pai, Tanoa Visawaga, aínda que se reclamaba rei de Fiji ao afirmar que Bau tiña preeminencia sobre o resto de Fiji, o que non aceptaron os outros xefes, e comezou unha guerra de dezanove anos. En 1854 converteuse ao cristianismo e renunciou ao canibalismo. En 1865 formouse a Confederación de Reinos Independentes de Viti, que tiña a Cakobau como presidente da Asemblea Xeral, en 1871 unificou Fiji baixo o seu reinado, e estableceu unha monarquía constitucional