Primeiro ministro de Fidxi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Brasón de Fidxi.

O primeiro ministro de Fidxi é o xefe de goberno de Fidxi. É membro do partido máis importante, e é nomeado polo presidente.

Esta é a lista dos primeiros ministros e ministros xefes de Fidxi despois de 1967.

# Nome Nacemento-Morte Desde Ata Partido político
1 Ratu Sir Kamisese Mara 1920-2004 20 de setembro de 1967 13 de abril de 1987 Alliance Party
2 Timoci Bavadra 1934-1989 13 de abril de 1987 14 de maio de 1987 Fiji Labour Party
Vacante (14 de maio de 1987-5 de decembro de 1987) [1]
(1) Ratu Sir Kamisese Mara 1920-2004 5 de decembro de 1987 2 de xuño de 1992 Independente [2]
3 Sitiveni Rabuka 1948- 2 de xuño de 1992 19 de maio de 1999 Fijian Political Party
4 Mahendra Chaudhry 1942- 19 de maio de 1999 27 de maio de 2000 Fiji Labour Party
5 Ratu Tevita Momoedonu 1941- 27 de maio de 2000 (varios minutos) Fiji Labour Party[3]
Vacante (27 de maio de 2000-4 de xullo de 2000) [1]
6 Laisenia Qarase 1941- 4 de xullo de 2000 14 de marzo de 2001 Independente [4]
Ratu Tevita Momoedonu (interino) 1941- 14 de marzo de 2001 16 de marzo de 2001 Fiji Labour Party
(6) Laisenia Qarase 1941- 16 de marzo de 2001 5 de decembro de 2006 United Fiji Party [4]
7 Dr. Jona Senilagakali 1929-2011 5 de decembro de 2006 4 de xaneiro de 2007 Independente [5]
8 Comodoro Frank Bainimarama 1954- 5 de xaneiro de 2007 10 de abril de 2009 Militar
Vacante (10 de abril de 2009-11 de abril de 2009) [6]
(8) Comodoro Frank Bainimarama 1954- 11 de abril de 2009 31 de marzo de 2014 Militar
(8) Comodoro (Retirado) Frank Bainimarama 1954- 31 de marzo de 2014 presente FijiFirst
  • [1] Dous golpes militares en 1987 e un civil en 2000 deixaron vacante o posto durante ese tempo.
  • [2] O partido de Mara, foi disolto no golpe de Estado de 1987.
  • [3] Momoedonu foi nomeado primeiro ministro nada máis suceder un golpe de Estado, ao ser o único ministro que non se encontraba no parlamento. O seu nomeamento foi un mero tecnicismo para que o presidente puidera tomar o poder executivo.
  • [4] Qarase fundou o United Fiji Party despois de ocupar por primeira vez o posto de primeiro ministro.
  • [5] Senilagakali foi nomeado primeiro ministro interino polo comodoro Frank Bainimarama, ao tomar este o control do goberno tras un golpe de Estado.
  • [6] Tras devolver a presidencia a Josefa Iloilo este nomeouno primeiro ministro.

Notas[editar | editar a fonte]