Nelson Mandela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Loveless (conversa | contribucións)
Liña 131: Liña 131:
[[pl:Nelson Mandela]]
[[pl:Nelson Mandela]]
[[pms:Nelson Mandela]]
[[pms:Nelson Mandela]]
[[pnb:نیلسن منڈیلا]]
[[pt:Nelson Mandela]]
[[pt:Nelson Mandela]]
[[qu:Nelson Mandela]]
[[qu:Nelson Mandela]]

Revisión como estaba o 7 de maio de 2010 ás 15:24

Infotaula de personaNelson Rolihlahla Mandela
Biografía
Nacemento(xh) Rolihllahla Mandela Editar o valor em Wikidata
18 de xullo de 1918 Editar o valor em Wikidata
Mvezo
Morte5 de decembro de 2013 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Houghton Estate, Suráfrica (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza respiratoria Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaQunu (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cargos
Presidente de Sudáfrica (1994 - 1999)
Datos persoais
ResidenciaHoughton Estate (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeSuráfrica Editar o valor em Wikidata
RelixiónMetodismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Witwatersrand
Universidade de Suráfrica - grao en Artes
Universidade de Fort Hare
Universidade de Londres Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Suráfrica Editar o valor em Wikidata
OcupaciónPolítico
Partido políticoCongreso Nacional Africano
Membro de
Influencias
LinguaLingua inglesa e Lingua xhosa Editar o valor em Wikidata
Participou en
World Economic Forum Annual Meeting 1992 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeGraça Machel (1998–2013)
Winnie Madikizela-Mandela (1958–1996)
Evelyn Ntoko Mase (1944–1957), divorcio
FillosMakgatho Mandela (pt) Traducir
 () Evelyn Ntoko Mase (pt) Traducir
Thembekile Mandela (pt) Traducir
 () Evelyn Ntoko Mase (pt) Traducir
Zenani Mandela-Dlamini
 () Winnie Madikizela-Mandela
Makaziwe Mandela (pt) Traducir
 () Evelyn Ntoko Mase (pt) Traducir
Zindzi Mandela
 () Winnie Madikizela-Mandela Editar o valor em Wikidata
PaisNkosi Mphakanyiswa Gadla Mandela (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Nosekeni Fanny (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesNdileka Mandela (en) Traducir (neto) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webnelsonmandela.org Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0541691 Allocine: 35393 Allmovie: p44982
Twitter: NelsonMandela Last fm: Nelson+Mandela Musicbrainz: 33c3a112-3a62-461a-b02d-763bbe168216 Songkick: 270076 Discogs: 83165 Allmusic: mn0000027593 WikiTree: Mandela-1 Find a Grave: 121260035 Genius: Nelson-mandela Editar o valor em Wikidata

Nelson Rolihlahla Mandela, nado en Mvezo o 18 de xullo de 1918, foi presidente de Sudáfrica e un dos principais activistas contra do apartheid.

Traxectoria

Primeiros anos

Fillo do xefe da tribo xhosa de Tembo, viviu na vila de Qunu os seus primeiros anos, aos sete anos, Rolihlahla Mandela foi o primeiro membro da súa familia en acudir á escola, onde un mestre metodista deulle o nome de Nelson. O seu pai morreu cando el tiña 10 anos e Nelson foi a unha escola misional wesleiana próxima ao pazo do rexente. Seguindo as tradicións xhosa foi iniciado aos 16 anos, e comezou o instituto, aprendendo sobre a cultura occidental, rematándoo en dous anos no canto dos tres habituais.

En 1934 comeza os seus estudos universitarios na Universidade de Fort Hare, onde coñece a Oliver Tambo, no final do seu primeiro curso participa no boicot do consello dos estudantes contra da política universitaria sudafricana e ten que deixar a súa universidade para continuar os seus estudos por correspondencia na Universidade de Sudáfrica en Xohanesburgo ata que se pode matricular na Universidade de Witwatersrand.

Actividade política

Como estudante, Mandela participa na oposición política ao goberno da minoría branca que negaba os dereitos políticos, sociais e económicos da maioría negra de Sudáfrica. En 1942 ingresa no Congreso Nacional Africano (African National Congress), en 1944 funda xunto a Walter Sisulu e Oliver Tambo as súas mocidades.

Despois da vitoria en 1948 do Partido Nacional (National Party ou Nasionale Party) e a institucionalización da súa política de apartheid e segregación racial, Mandela entrou na executiva en 1949 do CNA e foi un dos líderes da campaña de desobediencia social do Congreso Nacional Africano de 1952 que consistía en violar en lugares e ocasións concretas as restricións que impuña o apartheid, pero diante os arrestos masivos abandónase esta política, no Congreso Popular de 1955, adóptase a Carta da Liberdade, programa fundamental da causa antiaparteheid.

O 5 de decembro de 1956 el e outros 150 activistas antiapartheid foron detidos acusados de alta traizón, non foi liberado ata 1961, por falta de probas.

Mandela acepta a loita armada despois da Masacre de Shaperville (marzo de 1960) na que a policía sudafricana disparou contra de manifestantes desarmados, matando 69 persoas e ferindo outras 180. A aceptación da actividade armada seguíulle a prohibición do CNA e outros grupos antiapartheid polo goberno sudafricano.

Na cadea

En 1961 converteuse en comandante da organización armada do CNA, Umkhonto we Sizwe. Coordinou a campaña de sabotaxe contra obxectivos militares, gobernamentais e civís e fixo plans para organizar unha posible guerra de guerrillas se a campaña de sabotaxes fracasaba para rematar co apartheid. Arrestado o 5 de agosto de 1962, o 25 de outubro foi condeado a cinco anos de prisión.

Mentres Mandela permanecía en prisión, a policía arrestou a prominente líderes do CNA ( Ahmed Kathrada, Walter Sisulu, Govan Mbeki, Andrew Mlangeni, Raymond Mhlaba, Elias Motsoaledi, Walter Mkwayi, Arthur Goldreich, Dennis Goldberg ou Lionel "Rusty) o 11 de xullo de 1963 en Liliesleaf Farm, Rivonia. No xuízo todos, agás Rusty Bernstein foron condeados a cadea perpetua o 12 xuño de 1964 (Walter Mkwayi e Arthur Goldreich fuxiran durante o xuízo).

Durante os seguintes 36 anos, Mandela convetiuse no símbolo da oposición ao apartheid, ata o punto que o lema, Liberdade para Nelson Mandela (Free Nelson Mandela) converteuse nun berro para todas as campañas anti-apartheid do mundo.

Mandela rexeitou a súa liberación a cambio de renunciar á loita armada, e permaneceu en prisión ata o 11 febreiro de 1990 por orde de F.W. de Klerk, presidente de Sudáfrica atendendo ás presións internacionais, ao tempo que puña fin á prohibición do CNA. En 1993 Madela e de Klerk recibiron o Premio Nobel da Paz.

Presidencia do CNA e de Sudáfrica

Como presidente do Congreso Nacional Africano (xullo de 1991 - decembro 1997), Mandela concorreu ás eleccións para a presidencia de Sudáfrica, por ampla maoioría converteuse o primeiro presidente negro do país (maio de 1994).

Mandela presidiu o desmantelamento definitivo das institucións do apartheid, e gañou o respecto internacional pola súa política de reconciliación, malia iso non foi capaz de facer fronte ao problema da sida e foi criticado pola súa amizade con líderes como Fidel Castro ou Moammar Al Gadhafi ou por enviar tropas sudafricanas para evitar un golpe de estado en Lesotho en 1998.

Retirada da política

En xuño de 1999 ao finalizar o seu mandato como presidente, Mandela virou a súa actividade cara accións sociais e de defensa dos dereitos humanos, recibindo numerosas condecoracións e premios.

En 2003 atacou a política exterior de George Bush, en especial a súa actitude cara Iraq. En xuño de 2004, Mandela anunciou a súa retirada da vida pública.

Véxase tamén

Ligazóns externas