Saltar ao contido

Zenani Mandela-Dlamini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaZenani Mandela-Dlamini

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de febreiro de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
EducaciónWaterford Kamhlaba (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomática Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeThumbumuzi Dlamini Editar o valor en Wikidata
FillosZaziwe Manaway Editar o valor en Wikidata
PaisNelson Mandela Editar o valor en Wikidata  e Winnie Madikizela-Mandela Editar o valor en Wikidata
IrmánsThembekile Mandela
Makgatho Mandela
Makaziwe Mandela
Zindzi Mandela Editar o valor en Wikidata

A princesa Zenani Mandela-Dlamini, nada o 4 de febreiro de 1959, é unha diplomática surafricana. É a filla máis vella de Nelson Mandela e a súa segunda esposa, Winnie Mandela.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mandela-Dlamini estivo a piques de nacer en prisión, xa que a súa nai Winnie Mandela foi arrestada preto do seu nacemento en 1959.[1] Cando tiña catro anos, o seu pai foi encarcerado, permanecendo en prisión durante 27 anos. Ata que non cumpriu 16 anos en 1974, non puido visitalo.[2] É irmá da tamén diplomática Zindzi Mandela.[3]

Mandela-Dlamini estudou no Waterford Kamhlaba United World College of Southern Africa e cursou ciencias na Universidade de Boston.[4] Foi alí onde coñeceu ao Príncipe Thumbumuzi Dlamini de Suazilandia, irmán máis vello do monarca reinante, Mswati III de Suazilandia e da raíña Mantfombi dos zulús.[5][6] Casaron en 1973 e tiveron catro fillos: Zaziwe (1977), Zamaswazi (1979), Zinhle (1980) e Zozuko (1992), ademais de seis netos. Actualmente están separados.[7][8]

Mandela-Dlamini foi nomeada embaixadora de Suráfrica na Arxentina en xullo de 2012, converténdose na primeira dos fillos de Mandela en ingresar no servizo público.[9][10] Sucedeu ao diplomático e exlíder opositor Tony Leon. Deixou o cargo en 2017, cando foi nomeada alta comisionada surafricana en Mauricio.

Tralo divorcio dos seus pais, Mandela-Dlamini converteuse na Primeira Dama substituta de Suráfrica ata que o seu pai volveu casar no seu 80 aniversario coa ex primeira dama de Mozambique, Graça Machel.

  1. Smith, David, "Nelson Mandela's daughters emerge from his shadow to forge careers", The Guardian, 7 de xullo de 2012. Consultado o 5 de maio de 2016.
  2. Williams, Juan (8 de novembro de 1987). "'Daddy Stayed in Jail. That Was His Job'; Zenani Mandela's Life Without Father". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2013. Consultado o 27 de outubro de 2008.  Arquivado 24 de xuño de 2011 en Wayback Machine.
  3. "Las mujeres de Mandela | Casa África". Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2020. Consultado o 13 de xullo de 2020.  Arquivado 13 de xullo de 2020 en Wayback Machine.
  4. Smith, David (29 de abril de 2013). "Southern Africa's first multiracial school celebrates 50 triumphant years". The Guardian. Consultado o 23 de setembro de 2014. 
  5. "Swaziland prince and princess attend Boston University". WGBH Boston. 13 de maio de 1987. Consultado o 27 de outubro de 2008. 
  6. Burke's Royal Families of the World, Volume II. Londres: Burke's Peerage Ltd. 1980. pp. 217–218, 271, 320. ISBN 0-85011-029-7. 
  7. "Nelson Rolihlahla Mandela". South African History Online.
  8. Forde, Fiona. "Mandela set for diplomatic posting to Argentina". Consultado o 13 de xullo de 2015. 
  9. "Mandela daughter Zenani appointed Argentina ambassador". BBC News. 4 de xullo de 2012. Consultado o 3 de febreiro de 2013. 
  10. Laing, Aislinn, "Nelson Mandela's daughter appointed South Africa ambassador to Argentina", The Telegraph, 4 de xullo de 2012.