Winnie Madikizela-Mandela
Winnie Madikizela-Mandela | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Mamao Dineo Maledi |
Nacemento | 26 de setembro de 1936 |
Bizana, Eastern Cape | |
Falecemento | 2 de abril de 2018 |
Xohanesburgo | |
Causa | Gripe |
Nacionalidade | Suráfrica |
Relixión | Metodismo |
Alma máter | Universidade de Suráfrica e Universidade de Witwatersrand |
Ocupación | política |
Cónxuxe | Nelson Mandela |
Fillos | Zindzi Mandela e Zenani Mandela-Dlamini |
Premios | United Nations Prize in the Field of Human Rights, Robert F. Kennedy Human Rights Award e Candace Award |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Winnie Madikizela-Mandela, nada como Nomzamo Winifred Zanyiwe Madikizela o 26 de setembro de 1936,[1] e finada o 2 de abril de 2018,[2] foi unha activista antiapartheid e política surafricana, máis coñecida como Winnie Mandela. Exerceu diversas funcións no goberno surafricano, incluíndo Ministra de Artes, Cultura, Ciencia e Tecnoloxía. Era membro do partido Congreso Nacional Africano, servindo no Comité da Executiva Nacional e na Liga das mulleres.
Nada no seo dunha familia xosa de Bizana, na daquela Unión Surafricana, estudou traballos sociais en Jan Hofmeyr. En 1958, casou co activista antiapartheid Nelson Mandela en Xohanesburgo. Estiveron casados durante 38 anos e tiveron dous fillos xuntos. En 1963, Mandela foi encarcerado despois do xuízo de Rivonia e dende entón ela converteuse na súa cara pública durante os 27 anos que estivo na cadea. Durante este período, converteuse nunha figura de moita relevancia dentro do movemento antiapartheid. Foi arrestada e detida polos servizos de seguridade do estado en varias ocasións e estivo varios meses en confinamento.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Winnie Mandela. nndb.com
- ↑ Sermos Galiza, ed. (2 de abril de 2018). "Morre a activista anti-apartheid Winnie Mandela".
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Winnie Madikizela-Mandela ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Winnie Madikizela-Mandela na IMDb (en inglés).