Arnold Joseph Toynbee
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de abril de 1889 Londres, Reino Unido |
| Morte | 22 de outubro de 1975 York, Reino Unido |
| Relixión | Anglicanismo |
| Educación | Winchester College Balliol College |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Filosofia da história (pt) |
| Ocupación | historiador, diplomático, profesor universitario, filósofo |
| Empregador | London School of Economics King's College de Londres |
| Membro de | |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Cónxuxe | Veronica Boulter Toynbee Rosalind Murray |
| Fillos | Antony Harry Robert Toynbee ( Philip Toynbee ( Lawrence Toynbee ( |
| Pais | Harry Valpy Toynbee |
| Irmáns | Jocelyn Toynbee |
| Parentes | Arnold Toynbee, sobriño |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Arnold Joseph Toynbee, nado en Londres, Reino Unido, o 14 de abril de 1889 e finado o 22 de outubro de 1975, foi un historiador e profesor británico que intentou sintetizar a historia universal.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sobriño do historiador da economía, Arnold Toynbee, con quen o confunden a miúdo, Arnold J. Toynbee naceu en Londres, estudou na Universidade de Oxford. En 1912 empezou o seu traballo de profesor no mesmo centro, onde pasou ao King's College (ensinando grego moderno e historia do imperio bizantino) e a London School of Economics, os dous na Universidade de Londres. Durante a primeira guerra mundial e tamén durante a segunda guerra mundial traballou para os servizos de intelixencia do Foreign Office británico e, ao final da guerra, asistiu como delegado á Conferencia de Paz de París de 1919.
A súa irmá, Jocelyn Toynbee (1897-1985) foi tamén unha recoñecida historiadora, arqueóloga e numismática.[1]
Obra
[editar | editar a fonte]A súa obra principal “Un estudo da historia” (título orixinal: A Study of History), en doce volumes aparecidos entre 1934 e 1961, é unha análise da historia mundial e as civilizacións nas que Toynbee aprecia uns ciclos de auxe e decadencia, aínda que sen o determinismo apuntado por Oswald Spengler.
As súas teorías han ter moito eco e influencia, algúns críticos, porén, cren que Toynbee dá demasiada influencia á relixión na evolución das civilizacións.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Toynbee, J. M. C. Arquivado 08 de xuño de 2019 en Wayback Machine.". Dictionary of Art Historians.