Iafet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIafet

Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosGomer (en) Traducir, Tubal (pt) Traducir, Mesech (pt) Traducir, Javan (pt) Traducir, Magog (pt) Traducir, Madai (pt) Traducir, Tiras (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiNoé Editar o valor em Wikidata
IrmánsSem e Cam (Biblia) Editar o valor em Wikidata

Segundo o Xénese, no capítulo décimo, Iafet (en hebreo: יפת בן-נוֹחַ Iafeth ben Nōah‎; en árabe: يافث بن نوح, Yāfiṱ ibn Nūh) é fillo de Noé[1], irmán de Sem e Cam, e pai de Gomer, Magog, Madai, Iaván, Tubal, Méxec e Tirás.[2][3]

Sobreviviu ao Diluvio Universal grazas á Arca de Noé, onde Xehová mandou a Noé que levase á súa muller, aos seus fillos e ás súas esposas.[4] Tradicionalmente considérase que Iafet e os seus descendentes poboaron a Europa actual, como no Xénese, no capítulo coñecido como a Táboa dos pobos,[5] indícase que viaxaron ás illas xentís, que seica se refire ás illas de Grecia, aínda que existen outras tradicións como a británica, que afirma que Samotes (que sería asimilado a Gomer), o cuarto fillo de Iafet, viaxou á Gran Bretaña e foi proclamado primeiro rei de Britania, baseado no texto Berosi Antiquitatum libri quinque cum Commentariis Joannis Annii, atribuído ao historiador Beroso o Caldeo; un falso-Beroso baixomedieval tamén xustificaba unha inventada dinastía de reis hispánicos que rexeran na Península Ibérica descendentes de Iafet.[6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xénese. 6:10
  2. Xénese. 10:2
  3. "Capítulos 6-10 :: A Biblia Galega". www.abibliagalega.com. Consultado o 23 de abril de 2022. 
  4. Xénese 6: 9-22
  5. Xénese 10:1-32
  6. Julio Caro Baroja: Las falsificaciones de la Historia (en relación con la de España), pág 57. Círculo de Lectores, 1991.
  7. "Annio de Viterbo y la Historiografía española del siglo XVI" (PDF). buleria.unileon.es.