Arquipélago de Terra de Fogo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arquipélago de Terra de Fogo
Atol
Datos
País Flag of Argentina.svg Arxentina e Flag of Chile.svg Chile
Mar entre o Océano Atlántico e o Océano Pacífico
Illa principal Illa Grande da Terra do Fogo 48.100 km²
Hoste 4.117 km²
Santa Inés 3.688 km²
Navarino 2.473 km²
Dawson 1.290 km²
Aracena 1.164 km²
Clarence 1.111 km²
Illa dos Estados 534 km²
Linguas Español
Poboación (2009) 137.000 hab.
Densidade hab/km²
Superficie 73.746 km²
Nº de illas Miles de illas e illotes
Coordenadas 54°6′S 68°36′O / -54.100, -68.600
Maior Altura 2.488 m. Monte Darwin
Capital
Localización
Localización do arquipélago

Tierra de Fuego (Terra do Fogo), é o arquipélago da punta máis meridional de América do Sur no Estreito de Magalláns. O arquipélago consiste na illa principal, Illa Grande da Terra do Fogo, cunha superficie de 48.100 km², e un grupo de moitas illas, incluíndo Cabo de Fornos e Illas Diego Ramírez. Terra do Lume divídese entre Chile e Arxentina, coa segunda controlando a metade oriental da illa principal e a primeira a metade occidental máis as illas ao sur da Canle Beagle. A extensión máis meridional do arquipélago está ao redor da latitude 55 S.

O asentamento humano máis antigo coñecido en Terra do Fogo data de ao redor de 8.000 adC. Os europeos exploraron por primeira vez as illas durante a expedición de Fernão de Magalhães (1520); Terra do fogo e nomes similares proveñen das observacións das moitas lumeiradas que os nativos construían. O asentamento por parte dos descendentes europeos e o gran desprazamento das poboacións nativas non comezou ata a segunda metade do século XIX, no boom do auxe da ovella patagónica e da febre do ouro na Terra do Fogo.[1] Hoxe en día, a extracción de petróleo domina a actividade económica no norte de Terra do fogo, mentres que o turismo, as manufacturas e a loxística da Antártida son importantes no sur.

Historia[editar | editar a fonte]

Prehistoria e exploración europea[editar | editar a fonte]

Homes Selknam cazando

O primeiro asentamento humano produciuse ao redor de 8.000 adC. O pobo yámana foi un dos primeiros seres humanos coñecidos que se instalaron en Terra do fogo. Atopáronse sitios arqueolóxicos con características da súa cultura en lugares como a illa de Navarino.[2]

O nome Terra do fogo deriva do explorador de Portugués Fernão de MagalhãesModelo:Clarify. Navegando para a Coroa española, en 1520 foi o primeiro europeo en visitar estas terras. Cría ver os numerosos lumes (fuego en castelán) dos yámana, que eran visibles desde o mar, e que os "indios" esperaban nos bosques para emboscar á súa armada.[3]

En 1525 Francisco de Hoces foi o primeiro en especular que Terra do Fogo era unha ou máis illas en lugar de parte do que entón se chamaba Terra Australis. Francis Drake en 1578 e unha expedición holandesa da Compañía Holandesa das Indias Orientais en 1616 aprenderon máis sobre a súa xeografía. A última expedición chamouno Cabo de Fornos.

Na súa primeira viaxe co HMS Beagle en 1830, Robert FitzRoy recolleu catro foguinos nativos, incluíndo a "Jemmy Button" (Orundellico) e levounos a Inglaterra. Os tres supervivientes foron levados a Londres para atoparse co Rei e a Raíña e foron, por un tempo, celebridades. Regresaron a Terra do Fogo no 'Beagle' con FitzRoy e Charles Darwin, quen escribíu extensas notas sobre a súa visita ás illas.

Colonización europea e extinción dos nativos americanos (1860-1910)[editar | editar a fonte]

Vista de Puerto Williams
Cidade de Ushuaia

Durante a segunda metade do século XIX, o arquipélago comezou a estar baixo influencia chilena e arxentina. Ambos países trataron de reclamar todo o arquipélago con base nos títulos coloniais españois "de jure". Establecéronse misións católicas en Río Grande e Illa Dawson.

As misións anglicanas foron establecidas por colonos británicos na Illa Keppel e nas Illas Malvinas en 1855 e en 1870 en Ushuaia na illa principal, que continuou funcionando durante o século XIX. Thomas Bridges (1842-1898) aprendeu a linguaxe e compilou unha gramática e un dicionario de yámana de 30.000 palabras mentres traballaba en Ushuaia. No século XX considerouse como unha importante obra etnolóxica.[4]

Unha expedición chilena dirixida por Ramón Serrano Montaner en 1879 reportou grandes cantidades de ouro nos arroios e canles dos ríos de Terra do fogo. Isto levou á inmigración masiva á illa principal entre 1883 e 1909. Numerosos arxentinos, chilenos e croatas establecéronse na illa principal, o que provocou un aumento dos conflitos co pobo Selk'nam nativo.

Julius Popper, un explorador romanés foi un dos empresarios máis exitosos na rexión. Obtivo a concesión dos dereitos do goberno arxentino para explotar calquera depósito de ouro que atopou en Terra do Fogo, Popper foi identificado como unha figura central no xenocidio Selk'nam.

A raíz do contacto cos europeos, as poboacións nativas selk'nam e yámana reducíronse en gran medida polo conflito desigual e a persecución por parte dos colonos, por enfermidades infecciosas, ás cales os indíxenas non tiñan inmunidade, e polo traslado en masa á misión salesiana da Illa Dawson. Malia os esforzos dos misioneiros, moitos nativos morreron. Hoxe en día, só sobreviven uns poucos Selknams. Algúns dos poucos yámana restantes asentáronse en Vila Ukika en Navarino. Outros dispersáronse por Chile e Arxentina.

Logo da firma do Tratado Fronterizo de 1881 entre Chile e Arxentina, Terra do Fogo dividiuse entre Arxentina e Chile. Anteriormente, fora reivindicada na súa totalidade por ambos países.

A febre do ouro de finais do século XIX levaron á fundación de numerosos pequenos asentamentos de inmigrantes como os asentamentos arxentinos de Ushuaia e Río Grande e os asentamentos chilenos de Porvenir and Puerto Toro.

Historia recente 1940-presente[editar | editar a fonte]

En 1945, unha división da CORFO (Corporación de Fomento de la Producción), dedicada á exploración de hidrocarburos, realizou un descubrimento revolucionario de petróleo no norte de Terra do fogo. A extracción comezou en 1949, e en 1950 o estado creou a Empresa Nacional do Petróleo para tratar a extracción de petróleo e a prospección. Ata 1960, a maior parte do petróleo extraído en Chile proviña de Terra do fogo.[5]

Durante a década de 1940 Chile e Arxentina formularon as súas reclamacións antárticas. Os gobernos déronse conta do papel clave da proximidade xeográfica da Terra do fogo no respaldo das súas demandas, así como no abastecemento das súas estacións de investigación na Antártida. Na década de 1950, o exército chileno fundou Puerto Williams para contrarrestar o monopolio de Ushuaia como o único asentamento na Canle Beagle, unha zona na que Arxentina disputou as fronteiras de 1881.

Nas décadas de 1960 e 1970, as reclamacións de soberanía de Arxentina sobre as Illas Picton, Lennox e Nueva en Terra do Fogo conduciron aos dous países en decembro de 1978 ao bordo da guerra. En resposta á ameaza dunha invasión Arxentina, despregáronse campos de minas e construíronse bunkers no lado chileno nalgunhas áreas de Terra do Fogo. A ameaza de guerra fixo que o réxime chileno de Pinochet recibise apoio loxístico e información dos británicos durante a Guerra das Malvinas de 1982. O radar chileno forneceu aos británicos información sobre os movementos do exercito arxentino en Terra do Fogo, desde onde a Forza Aérea Arxentina lanzou incursións contra brancos nas Malvinas.

En 1986 o Congreso arxentino decidiu que a parte arxentina de Terra do Fogo debía ser unha nova provincia; A lei non foi promulgada ata o 26 de abril de 1990.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Iparraguirre, Sylvia. [Arquipélago de Terra de Fogo en Google Books. Tierra del fuego: a biography of the end of the world] |url= incorrecto (Axuda). p. 146. 
  2. Hogan, C. Michael (4 April 2008). "Bahia Wulaia Dome Middens". Megalithic Portal. Consultado o 20 de xuño de 2011. 
  3. Bergreen, Laurence (2003). Over the Edge of the World: Magellan's Terrifying Circumnavigation of the Globe. HarperCollins. p. 179. ISBN 978-0-06-186588-6. 
  4. "Cook Tried to Steal Parson's Life Work". New York Times. 21 de maio de 1910. Consultado o 30 de maio de 2011. 
  5. Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.
  6. "Historia de Tierra del Fuego" (en Spanish). Tierradelfuego.gov.ar. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 20 de xuño de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]