Saltar ao contido

Territorio Antártico Británico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTerritorio Antártico Británico
British Antarctic Territory (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoGod Save the King Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 75°S 50°O / -75, -50
Territorio reivindicado porReino Unido Editar o valor en Wikidata
CondominioRexión do Tratado Antártico Editar o valor en Wikidata
CapitalRothera Research Station (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1.709.400 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMount Hope (en) Traducir (3.239 m) Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación3 de marzo de 1962 Editar o valor en Wikidata
Moedalibra esterlina Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Dominio de primeiro nivelsen valor Editar o valor en Wikidata
Código de paíssen valor e BQ Editar o valor en Wikidata

Sitio webbritishantarcticterritory.org.uk Editar o valor en Wikidata
Twitter: GovBAT Bluesky: govbat.bsky.social Editar o valor en Wikidata

Territorio Antártico Británico (en inglés British Antarctic Territory) é a denominación que lle dá o Reino Unido ao territorio da Antártida sobre o que o reclama a soberanía, que abarca todas as terras ao sur do paralelo 60° S, entre o meridiano 20° O e 80° O, cunha superficie aproximada de 1.709.400 km².[1] Esta reclamación superponse parcialmente coa área reclamada por Chile (Territorio Chileno Antártico) e totalmente coa da Arxentina (Antártida Arxentina). Estas reclamacións están suspendidas por aplicación do artigo 4 do Tratado Antártico de 1959.

En 1908 mediante "Cartas Patentes", Gran Bretaña declarou do seu dominio todas as terras situadas ao sur do paralelo 50° S, entre os 20° e 80° lonxitude Oeste de Greenwich. Como esa definición incluía a parte austral de América do Sur (Chile e a Arxentina), ditáronse unhas novas Cartas Patentes en 1917, esta vez excluíndo a zona ao oeste do meridiano 50° O ao norte do paralelo 58° S.

O territorio inclúe parte da Terra de Coats, a Península Antártica, as Illas Orcadas do Sur, as Shetland do Sur, a Illa Alexandre I e moitas outras.

O territorio foi declarado "Dependencia das Illas Malvinas".

Actualmente o Reino Unido considera esta rexión como Territorio británico de ultramar, separado das Malvinas.

  1. (en inglés)