Copa do Rei de Rugby 2018-2019

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Copa do Rei
2017-2018 << 2018-2019 >> 2019-2020
OrganizadorF.E.R.
Edición86ª
Equipos4
CampiónAlcobendas
FinalistaBarcelona

Na tempada 2018-2019 levouse a cabo a 86ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español, organizado pola F.E.R..

Disputaron esta competición da Copa do Rei os catro equipos que quedaron en primeiro lugar nos resultados habidos na primeira volta da División de Honra de cada un dos catro grupos de tres equipos que foron creados por sorteo entre os doce equipos que constituían a División de Honra, de xeito que cada equipo xogou dentro do seu grupo un encontro como local e outro como visitante.

As eliminatorias de semifinais disputáronse a partido único, por sorteo entre os catro equipos clasificados. A final disputouse a partido único entre os dous vencedores das semifinais no campo designado pola federación, que foi o Central da Universidade Complutense de Madrid, con motivo do 75º aniversario do CR Cisneros.

Na final enfrontáronse o Club Alcobendas Rugby e o Fútbol Club Barcelona, e o título foi para os madrileños que así acadaron a súa primeira Copa do Rei.

Clasificación a través do torneo de liga[editar | editar a fonte]

Os doce equipos da División de Honra foron agrupados por sorteo de tres en tres, resultando catro grupos. Empregando os resultados da primeira volta do campionato de liga quedaron clasificados para as semifinais da Copa do Rei os primeiros clasificados de cada grupo.

Torneo da Copa do Rei[editar | editar a fonte]

O Copa do Rei comezou propiamente coas semifinais, de xeito que nesta edición o torneo contou oficialmente con catro participantes e constou de tres encontros: as dúas semifinais e a final.

Cadro da competición
  Semifinais Final
             
20/1/19 - Las Terrazas (Alcobendas)
  Comunidade de Madrid Alcobendas 18  
  Castela e León El Salvador 9  
 
27/4/19 - Central (Madrid)
      Comunidade de Madrid Alcobendas 24
    Cataluña Barcelona 23
20/1/19 - Landare Toki (Hernani)
  Hernani 10
  Cataluña Barcelona 22  


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]