Castelo de Araúxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Araúxo
ConcelloLobios
ProvinciaOurense
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas41°54′22″N 8°03′39″O / 41.9060438, -8.0607356Coordenadas: 41°54′22″N 8°03′39″O / 41.9060438, -8.0607356
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(XII)
editar datos en Wikidata ]

O castelo de Araúxo foi unha fortaleza situada nas inmediacións da aldea da Vila, na parroquia de San Martiño de Araúxo, municipio de Lobios.

Estaba situado nun alto a 536 metros sobre o nivel do mar, enriba dun rochedo, aproveitando a orografía para erguer os muros e a torre do homenaxe, no centro dunha vasta extensión de terreo sucado por varios ríos, ao norte, o río Salas, ao oeste o río Limia, ao suroeste o río Cabaleiro. Dende aquí vense as serras do Xurés e Santa Eufemia en Lobios, dos montes do Quinxo e a Montaña en Entrimo, boa parte destes dous concellos e dos de Lobeira, Muíños e Bande. Estaba vencellado ao castelo de Lindoso, que tamén pertencía á familia dos Araúxo. Consérvanse as ruínas dos alicerces, carecendo de clasificación por parte do poder público, fixéronse escavacións arqueolóxicas no ano 1991, dentro do proxecto O encoro de Lindoso e o seu entorno (Lobios, Ourense)[1], polos arqueólogos Manuel Xusto Rodríguez e Celso Rodríguez Cao. Actualmente, só é visible o foxo escavado na rocha e pequenos anacos de muros.

Historia[editar | editar a fonte]

O castelo de Araúxo construíuse no século XII. O rei Afonso II entregoullo ao bispo de Ourense. Comezou sendo unha fortificación da familia dos Araúxo.

Durante a Guerra de Restauración Portuguesa tomárono as tropas portuguesas ás ordes do xeneral Gastão Coutinho. En setembro de 1641 entraron pola Portela do Home e tomaro este castelo e diferentes vilas.[2]

Destruíuse no ano 1704 durante a guerra de sucesión[3].

Este castelo tivo moita importancia nas guerras constantes con Portugal polo dominio destas terras.

Estudo arqueolóxico[editar | editar a fonte]

Do estudo arqueolóxico feito por Manuel Xusto Rodríguez a comezo da década de 1990, aparece parte dun guerreiro con cota de malla, dúas placas, un axóuxere, e varias puntas de dardo e unha de frecha, datados entre os anos 1301 e 1500[4]. Todo este material está depositado no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Castelo de Araúxo". Colecciones en Red. Consultado o 06-02-2021. 
  2. "Relaçaõ da entrada, que o Fronteiro Môr Dom Gastaõ Coutinho fez pelo Reyno de Galiza em noue de Setembro deste anno de 1641". Consultado o 03-04-23. 
  3. "Araujo, Castillo de". Asociación Española de amigos de los castillos. Consultado o 06-02-2021. 
  4. "Colecciones en Red". Consultado o 06-02-2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]