Araúxo, Lobios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 41°54′28.6″N 8°4′03.0″O / 41.907944, -8.067500

San Martiño de Araúxo
ConcelloLobios
Poboación140 hab. (2017)
Entidades de poboación8

San Martiño de Araúxo é unha parroquia do concello de Lobios, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 185 habitantes, dos cales 90 eran homes e 95 mulleres.

Araúxo na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Fun ó San Lorenzo ás Quintas/ i a Santa Eufemia a Parada:/ as mociñas de Requeixo/ son as que botan a vaia [1].
  • Niste lugar 'de la Vila'/ non hai moza que apareza:/ quedou Rosa da Fachesa/ cun penedo na cabeza [2].
  • Niste lugar 'de la Vila'/ non hai mozas que rondar;/ hai unhas poliñas novas,/ mozos, deixalas criar [3].

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de San Martiño de Araúxo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Araúxo no concello de Lobios na Provincia de Ourense

Delás | Gustomeao | A Portaxe | A Regada | Requeixo | Sa | Suigrexa | A Vila

Parroquias de Lobios[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Lobios

Araúxo (San Martiño) | A Cela (Santa María) | Grou (San Mamede) | A Illa (San Lourenzo) | Lobios (San Miguel) | Manín (San Salvador) | Río Caldo (Santa María) | San Martiño de Grou (San Martiño) | San Paio de Araúxo (San Paio) | Torno (San Salvador)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 85). Botar a vaia é botar un desafío. As Quintas será o lugar da parroquia e concello de Lobeira, aínda que hai máis; Santa Eufemia de Parada é unha parroquia do mesmo concello; Requeixo pode ser lugar de San Mamede de Grou ou de Araúxo, dúas parroquias do concello de Lobios.
  2. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 108. Pode tratarse da Vila, lugar da parroquia de San Vicente de Lobeira, ou da Vila, lugar da parroquia de San Martiño de Araúxo (concello de Lobios); Xaquín Lorenzo non se decanta por ningún dos dous lugares.
  3. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 108.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]