Forzas de Paz da ONU

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cascos Azuis")
Casco azul noruegués

As Forzas de Paz da ONU, popularmente coñecidas como cascos azuis pola cor dos seus cascos, son corpos militares encargados de crear e manter a paz en áreas de conflito, controlar e observar os procesos de paz e dar asistencia a ex combatintes na implementación de tratados con fins pacíficos. Actúan por mandato directo do Consello de Seguridade da ONU e nel forman parte membros das forzas armadas e policiais dos países integrantes das Nacións Unidas, integrándose así nunha forza multinacional.

En 1956, estas forzas supervisaron o cesamento de hostilidades entre Exipto e Israel. Posteriormente teñen actuado noutros conflitos en Oriente medio, Líbano, Chipre, Mozambique, Somalia, Bosnia etcétera.

En 1988, cando o peruano Javier Pérez de Cuéllar era Secretario Xeral da ONU, os Cascos Azuis recibiron o Premio Nobel da Paz.

En 1993, os Cascos Azuis da ONU destacados na antiga Iugoslavia recibiron o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Forzas de Paz da ONU

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.