Cuítiva
Coordenadas: 5°34′48″N 72°57′57″O / 5.58000, -72.96583
Cuítiva | |||
---|---|---|---|
Vistas de Cuítiva. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Boyacá | ||
Rexión | Sugamuxi | ||
Xeografía | |||
Altitude | 2 750 msnm | ||
Superficie | 43[1] km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 1 906 (2015)[2][3] | ||
Densidade | hab/km² | ||
Xentilicio | Cuitivense | ||
Outros datos | |||
Alcalde | Leonardo Alfonso López (2016-2019) | ||
Páxina oficial |
Cuítiva é un concello colombiano que se atopa na provincia de Sugamuxi no departamento de Boyacá. É unha das tres poboacións que se atopan bordeando a lagoa de Tota. Está situada a uns 85 quilómetros ó leste da cidade de Tunja. O concello limita polo norte con Iza, polo oriente con Sogamoso, polo occidente con Aquitania e polo sur co concello de Tota.
A capela doutrineira do concello, construída no século XVII é un Monumento Histórico Nacional.[4]
Xeografía[editar | editar a fonte]
O concello conta con once vereas, o centro urbano e dous territorios insulares no lago de Tota. As augas territoriais do concello son limitadas ó sur co concello de Tota e ó leste co concello de Aquitania.
Economía[editar | editar a fonte]
Os principais factores de ingreso económico de Cuítiva son a agricultura e a gandaría. Debido á súa localización á beira da lagoa de Tota, o turismo tamén é un sector importante da economía do concello.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Información general de Cuítiva". Alcaldía do concello. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ "Resultados y proyecciones (2005-2020) del censo 2005". DANE. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ Población de Cuitiva, DANE, resultados oficiales del censo 2005, URL última consulta el 09/07/2008.
- ↑ Inventario de monumentos nacionales, Ministerio de Cultura, 21 de decembro de 2007.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cuítiva ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficialArquivado 30 de agosto de 2018 en Wayback Machine. (en castelán)