Lucas Fernández de Piedrahita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lucas Fernández de Piedrahita
Nacemento1624
Lugar de nacementoBogotá
Falecemento1688
Lugar de falecementoCidade de Panamá
NacionalidadeNovo Reino de Granada
EtniaPobo quechua e Pobo español
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Santo Tomás
Ocupaciónhistoriador e escritor
editar datos en Wikidata ]

Lucas Fernández de Piedrahita, nado en Bogotá en 1624 e finado na Cidade de Panamá o 29 de marzo de 1688, foi un prelado católico que serviu como o bispo de Panamá (1676–1688)[1] e bispo de Santa Marta (1668–1676).[2][3] Foi o autor de Historia general de las conquistas del Nuevo Reino de Granada.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Historia general de las conquistas del Nuevo Reyno de Granada de Lucas Fernández Piedrahita, impreso por Juan Baptista Verdussen en Antuerpen, en 1688. O gravado calcográfico é obra de Joseph Mulder.

Lucas Fernández de Soto Piedrahita naceu en Santa Fe de Bogotá, sendo fillo de Domingo Hernández de Soto Piedrahita e Catalina de Collantes.[4][5] Tiña un irmán e dúas irmás: Gregorio Hernández de Collantes, María Sayago e María Fernández de Piedrahita, e a súa nai era de ascendencia inca.[6] O 27 de febreiro de 1668, foi nomeado polo rei de España e confirmado polo papa Clemente IX como bispo de Santa Marta.[4] En 1669, foi consagrado por Antonio Sanz Lozano, bispo de Cartaxena.[4] O 16 de novembro de 1676, foi nomeado polo rei de España e confirmado polo papa Inocencio XI como bispo de Panamá.[4] Serviu nese posto até a súa morte o 29 de marzo de 1688.[4] Foi o principal consagrador de Sancho de Andrade de Figueroa, bispo de Ayacucho Huamanga.[4]

Muisca[editar | editar a fonte]

Fernández de Piedrahita contribuíu de forma extensiva no coñecemento sobre os muiscas, os habitantes da rexión de Bogotá antes da invasión española. Fernández de Piedrahita naceu na antiga capital de Bacatá, na parte sur da Confederación muisca.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ritzler, Remigius; Sefrin, Pirminus (1952). Hierarchia catholica medii et recentioris aevi. Vol. V. Patavii: Messagero di S. Antonio. p. 305.  (en latín)
  2. Ritzler, Remigius; Sefrin, Pirminus (1952). HIERARCHIA CATHOLICA MEDII ET RECENTIORIS AEVI Vol V (en latín). Patavii: Messagero di S. Antonio. pp. 258 e 305. 
  3. Arcebispo de Panamá, Guillermo Rojas y Arrieta C.M. Reseña Histórica de los Obispos que han ocupado la silla de Panamá Publisher: Escuela Tipográfica Salesiana (1929) | P. 91-98
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Cheney, David M. "Bishop Lucas Fernández de Piedrahita". Catholic-Hierarchy.org. Consultado o 16/6/2018. 
  5. Lucas Fernández de Piedrahita - Geni
  6. Diccionario de historia cultural de la iglesia en América Latina - Lucas Fernández de Piedrahita Arquivado 23 de novembro de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]