Saltar ao contido

Amnistía Internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Amnistia Internacional»)
 Amnistía Internacional
Logotipo
 Nome curto
ai Editar o valor en Wikidata
 Nome orixinal
Amnesty International (en) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Amnesty International (en) Editar o valor en Wikidata
 Texto lema
Val més encendre una espelma que maleir per sempre la foscor
Es ist besser, eine Kerze anzuzünden, als die Dunkelheit zu verfluchen
Better to light a candle than curse the darkness
Mieux vaut allumer une bougie que maudire les ténèbres
ان تشعل شمعة خير من ان تلعن الظلام Editar o valor en Wikidata
 Historia
 Participou en
 Cargo dirixente
 Campo de traballo
Implicados
 Fundador/a
 Secretario/a
Agnès Callamard marzo de 2021 Editar o valor en Wikidata
Membros7000000 (2023) Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 Forma xurídica
 Membro de
 En sociedade con
 Entidades subsidiarias
Amnesty International Burkina Faso
Amnesty International Germany (en) Traducir
Transparency International Česká republika
Amnesty International Hong Kong (en) Traducir
Amnesty International Norway
Amnistie internationale Canada francophone
Amnesty International Luxembourg
Amnesty International Moldova
Amnesty International Ghana (en) Traducir
Amnesty International South Korea
Amnesty International Mongolia
Amnesty International Cote d’Ivoire
Amnesty International Paraguay
Amnesty International Argentina
Amnesty International Senegal
Amnesty International Kenya
Amnesty International Uruguay
Amnesty International Peru
Amnistía Internacional México
Amnesty International Indonesia
Amnesty International Føroyar
Amnesty International Denmark
Amnesty International Maroc
Amnesty International Malaysia
Amnesty International Puerto Rico
Amnesty International Zimbabwe
Amnesty International Chile
Amnesty International Türkiye
Amnesty International Iceland
Amnesty International Bulgaria
Amnesty International Ireland (en) Traducir
Amnesty International Taiwan (en) Traducir
Amnesty International Bénin (en) Traducir
Amnesty International Philippines (en) Traducir
Amnesty International Slovenija (en) Traducir
Amnesty International Canada
Amnesty International Greece
Amnesty International Poland (en) Traducir
Amnesty International Italy
Amnesty International UK (en) Traducir
Amnesty Slovakia (en) Traducir
Amnesty International France (en) Traducir
Amnesty International Finland (en) Traducir
Amnesty International Brazil (en) Traducir
Amnesty International Nederland (en) Traducir
Anistia Internacional dos Estados Unidos (pt) Traducir
Amnesty International Venezuela
Amnesty International Algeria (en) Traducir
Amnesty International Belgique Francophone
Amnesty International Aotearoa New Zealand (en) Traducir
Amnesty International Japan (en) Traducir
Amnesty International Österreich (en) Traducir
Amnesty International Sweden (en) Traducir
Amnesty Nepal (en) Traducir
Amnesty International Spain
Amnesty International Togo
Amnesty International Thailand (en) Traducir
Amnesty International Vlaanderen vzw
Amnesty International Swiss
Amnesty International Nigeria (en) Traducir
Amnesty International South Africa (en) Traducir
Amnesty International Tunisia Editar o valor en Wikidata
Economía e industria
Ingresos totais1398704 £ (2024) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
28 de maio de 1961 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Participaron en
Recoñecemento
Localización
 Sede
 Área de operación
 Lugar de formación
 País
Identificadores
VIAF141290649 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121708241 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL278168A Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/012l0 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexI188127544 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: amnesty Twitter: amnesty Instagram: amnesty Bluesky: amnesty.org Youtube: UCREPamP892LJnJfJNWYKfPQ BNE: XX139396 Dialnet: 782559 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Amnistía Internacional é un movemento mundial integrado por persoas cuxo fin é contribuír a que se respecten os dereitos humanos, traballando por eses dereitos proclamados na Declaración Universal e noutras normas internacionais. Promovendo a súa observancia e a súa concienciación pública con actividades de acción, así como por medio da educación e da presión para que se ratifiquen e apliquen nos tratados. Está formado por máis dun millón e medio de persoas, de máis de 150 países e territorios, que dedican o seu tempo e o seu esforzo para traballar por un mundo no que todas as persoas gocen de todos os dereitos humanos e para apoiar ás vítimas cuxos dereitos foron violados. En 1976 foi galardoada co Premio Erasmus.[1]

Obxectivos e características

[editar | editar a fonte]
O voluntariado de Amnistía Internacional forman grupos e realizan actos de todo tipo, como este de Ávila solicitando o peche do centro de detención en Guantánamo

A tarefa de Amnistía Internacional (AI) baséase nunha investigación coidadosa e nas normas acordadas pola comunidade internacional. É un movemento democrático e autónomo de activistas voluntarios, con máis dun millón de membros e subscritores repartidos en máis de 140 países e territorios. Finánciase en gran medida coas cotas do seus membros de todo o mundo. A organización nin solicita nin acepta contribucións dos gobernos para realizar a súa tarefa de investigación e campañas contra a violación dos dereitos humanos.

AI é independente de toda ideoloxía política e credo relixioso. Non apoia nin se opón a ningún goberno ou sistema político, nin tampoco apoia nin se opón ás opinións das vítimas cuxos dereitos intenta protexer. A protección imparcial dos dereitos humanos é a súa finalidade.

AI emprende accións para opoñerse a algunhas das violacións máis graves que cometen os gobernos contra os dereitos civís e políticos das persoas. O obxectivo principal do seu activismo contra esas violacións son:

Obter a liberdade de todos os presos de conciencia, é dicir, segundo o Estatuto da organización, das persoas que foron recluídas a causa das súas conviccións políticas, relixiosas o calquera outro motivo de conciencia, ou en razón da súa orixe étnica, sexo, cor, idioma, orixe nacional ou social, situación económica, nacemento ou outras circunstancias, sempre que non fixesen recurso á violencia nin propugnaran o seu uso;

Lograr que sexan xulgados con prontitude e imparcialidade todos os presos políticos; Conseguir a abolición da pena de morte e mais a erradicación da tortura e os malos tratos; Rematar cos homicidios políticos e «as desaparicións».

Amnistía Internacional pide aos grupos políticos armados que respecten os dereitos humanos e poñan fin a abusos como a detención de persoas en calidade de presos de conciencia, a toma de reféns, a tortura e os homicidios ilexítimos.

Tamén colabora coas Nacións Unidas e con organizacións intergubernamentais rexionais, coa súa tarefa en favor dos refuxiados.

Seccions de Amnistía Internacional en 2005

Amnistía Internacional empezou hai máis de cinco décadas, dous estudantes portugueses elevaron as súas copas para brindar pola liberdade en 1960, en plena ditadura salazarista. Por ese sinxelo xesto foron condenados a cumprir sete anos de cárcere. A súa historia horrorizou o avogado británico Peter Benenson (1921-2005) e escribiu ao xornal The Observer coa intención de emprender unha campaña internacional para protexer "«Os presos esquecidos». A súa idea consistía en bombardear as autoridades de todo o mundo con cartas de protesta. O 28 de maio de 1961, o diario publicou un artigo a toda plana titulado «Os presos esquencidos», que inauguraba a campaña de Peter Benenson Appeal for Amnesty 1961, dun ano de duración. No artigo pedíase aos cidadáns de todo o mundo que protestasen -de forma imparcial e pacífica- contra o encarceramento de homes e mulleres en calquera lugar do mundo polas súas conviccións políticas ou relixiosas, e cualificábase a estas persoas como «presos de conciencia».

Seis meses despois, o que empezou como un breve acto publicitario estábase transformando nun movemento internacional de carácter permanente. Ao cabo dun ano, a nova organización xa enviara delegacións a catro países para elevar protestas a favor dalgúns presos e fixérase cargo de 210 casos; os seus membros xa organizaran estruturas nacionais en sete países. Os principios de imparcialidade e independencia quedaron establecidos desde o comezo. Púxose a énfase na protección internacional dos dereitos humanos: persoas de todo o mundo actuarían en prol de individuos de calquera parte do mundo. A medida que a organización foi crecendo, o seu foco de atención foise ampliando para ocuparse non só dos presos de conciencia, senón tamén das vítimas doutros abusos contra os dereitos humanos en todo o mundo, como a tortura, as «desaparicións» e a pena de morte. En 1977 os esforzos do movemento foron recompensados co premio Nobel da Paz, e en 1978 a organización foi galardoada co premio de Dereitos Humanos das Nacións Unidas.

  1. Fundación Praemium Erasmianum (ed.). "Former Laureates - Praemium Erasmianum". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2019. Consultado o 9 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]