Pilar Fernández Otero
Pilar Fernández Otero | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | María Pilar Fernández Otero |
Nacemento | 1937 |
Lugar de nacemento | A Bandeira |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Pilar Fernández Otero, nada no ano 1937 na Bandeira (Silleda), é unha investigadora galega e catedrática emérita de Fisioloxía.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Realizou a licenciatura en Farmacia pola Universidade de Santiago (USC). En 1961, grazas a unha bolsa do CSIC, comezou a investigar no campo da bioloxía, e após conseguir o doutoramento en 1963 pola mesma universidade, fixo dúas estancias posdoutorais de investigación no Reino Unido.
Na Universidade de Oxford, realizou diversas investigacións sobre a permeabilidade de membranas biolóxicas, co profesor H. Parsons; e no Departamento de Bioloxía da Universidade de Sheffield, con H. Smiyth.[1]
En 1965 foi nomeada profesora adxunta de Fisioloxía na Facultade de Farmacia da USC onde exerceu até 1968, ano en que marchou para a Universidade de Barcelona.[2] Dous anos máis tarde, en 1970, volveu á USC como catedrática de Fisioloxía.[2] En 1985, incorporouse á Universidade de Navarra, onde exerceu a docencia como especialista en Fisioloxía. Nesta universidade foi decana da Facultade de Farmacia (1986-1994)[3] e vicerreitora de investigación (1993-2005). As súas liñas de investigación concrétanse na absorción de azucres e aminoácidos: permeabilidade pasiva e procesos de transporte; interaccións fármaco-nutrientes; pesticidas; e nutrición e obesidade: xenética e bioloxía molecular.[1]
Asociacións ás que pertence[editar | editar a fonte]
É membro das seguintes asociacións:[4]
- Real Academia Galega de Ciencias (1978)[5]
- Real Academia Nacional de Farmacia (1990)
- Academia de Farmacia de Galicia (2007)[6]
- Sociedade Española de Ciencias Fisiolóxicas
- Sociedade Española de Nutrición
- Sociedade Europea de Fisioloxía e Bioquímica Comparada
- Sociedade Farmacéutica do Mediterráneo Latino
- Sociedade Española de Bromatoloxía
- Federación Internacional de Farmacia
- European Intestinal Transport Group
Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Premio Doctor Graiño (Real Academia de Farmacia)[1]
- Medalla de Ouro (Universidade de Navarra, 2008)[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 AA.VV. (2002). "Biomedicina: Mª Pilar Fernández Otero". Nosotras, biocientíficas españolas (Madrid: L'Oreal División de Productos Profesionales): 91. ISBN 84-607-5579-7.
- ↑ 2,0 2,1 Arias, Beatriz Brasa (2011). "La Facultad de Farmacia de Santiago de Compostela (1900-1971)" (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela.
- ↑ 3,0 3,1 Redacción (2 de setembro de 2008). "La Universidad de Navarra otorga su Medalla de Oro a María Pilar Fernández, natural de Bandeira". La Voz de Galicia (A Coruña). Consultado o 15 de marzo de 2018.
- ↑ "Una científica de la UNAV ingresa en la Academia de Farmacia de Galicia". Universia (Madrid). 12 de outubro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 15 de marzo de 2018.
- ↑ Ocampo, E. (27 de febreiro de 2014). "Dos mujeres entran en la Academia Galega de Ciencias, las primeras desde 1978". La Opinión (A Coruña). Consultado o 15 de marzo de 2018.
- ↑ "Académicos Correspondientes". 12 de setembro de 2007. Consultado o 15 de marzo de 2018.