Airbus A319
Airbus A319 | |
---|---|
A319 de Aeroflot | |
Tipo | Pasaxeiros |
Fabricante | Airbus |
Primeiro voo | 25 de agosto de 1995 |
Introducido | abril de 1996 |
Estado | en servizo |
Unidades construídas | 990 |
O Airbus A319 é un avión civil de pasaxeiros de Airbus, o consorcio europeo de fabricación de aeronaves.
É un modelo acurtado derivado do A320 con cambios mínimos. Debido a que ten os mesmos depósitos de combustible, pero menos pasaxeiros (124 en configuración de dúas clases), o seu alcance vese aumentado ata os 7 200 km, o maior da súa clase. Igual que o A320, posúe mandos de control fly-by-wire. Usa tamén os mesmos motores que o A320, e foi certificado en 1996, o mesmo ano en que entrou en servizo coa aeroliña Swissair.
No ano 2003 a aeroliña easyJet mercou A319 sen cociñas polo que a capacidade aumentou ata os 156 pasaxeiros nunha clase, pero para satisfacer as normas de evacuación engadíronselle portas de emerxencia adicionais sobre as ás. A aeroliña converteríase posteriormente no maior operador deste modelo, con 136 unidades na actualidade.
Variantes[editar | editar a fonte]
A319CJ[editar | editar a fonte]
Trátase dunha versión executiva do A319 e tamén é coñecido como ACJ (Airbus Corporate Jet). Ten depósitos adicionais de combustible instalados na bodega de carga, o que aumenta a súa autonomía ata os 12 000 quilómetros.[1] Pode levar ata 39 pasaxeiros e os seus clientes poden encargalo con case calquera configuración. Compite con outros jets executivos como o Gulfstream V, o Boeing BBJ ou o Bombardier Global Express. Leva os mesmos motores que o A320.
É o avión de uso oficial dos presidentes de Francia e de Brasil, e dende o ano 2002 un Airbus A-319CJ presta servizos na frota presidencial da República Bolivariana de Venezuela.
A319LR[editar | editar a fonte]
É unha versión executiva dunha única clase con 48 prazas, especialmente deseñada para servizos intercontinentais. Ten unha autonomía de voo de 8 300 quilómetros. É usado unicamente por Lufthansa para voos especiais a Estados Unidos e por Qatar Airways para algúns destinos con demanda limitada en Europa.
A319 MPA[editar | editar a fonte]
É unha versión militar derivada do Airbus A319, para uso como avión de patrulla marítima. Na actualidade está en desenvolvemento por parte de Airbus Military para competir fronte ao Boeing P-8 Poseidon, avión derivado do Boeing 737.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Aircraft Families - Airbus Executive and Private Aviation - ACJ Family". archive.is. 2007-05-29. Consultado o 2018-11-30.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Airbus A319 |